lunes, 29 de diciembre de 2008

SINDROME DA PAXINA EN BRANCO

…vale, moi ben, o escenario xa o teño listo…paquete de cigarros, copa de licor, as neuronas agardando as musas , e o folio en branco fronte a min, disposto a recoller unha nova historia…ben, comecemos…uhmmm…ameazante horror vacui na brancura dunha paxina virxe…¿Qué poderia relatar?...vertigo de escritor, ideas que non acuden…tantas historias potenciais por desenvolver…vale, acendo o cigarrillo…o fume tal vez inspire…o folio inmaculado reclama verbas escritas sobre el…ok, alo imos…eh…merda, non se me ocurre nada digno, as grandes historias xa foron contadas, os grandes temas xa foron tratados abondo: amor, morte, rendición, búsqueda, castigo, perdón, viaxe iniciático, traición, tolemia, amizade, ect… non hai que inquedarse…sempre quedan formas novas de tratar historias vellas, si… tal vez un relato sobre a clásica historia de amor, poderia versar sobre duas pantasmas enamoradas, perdidas entre dimensions que so se atopan cada certo ciclo astronómico, bah…demasiado visto…ainda que a ciencia-ficcion sempre e fonte de inspiración e novos xeitos de enfocar tematicas de toda a vida… non sei, o clásico doutor tolo que crea unha substancia que permite relembrar o pasado dun modo absoluto, alguns individuos proban o experimento e enfontanse a escuros rincons da sua vida pretérita…non, non me convence…¿e un conto de medo?...¿tal vez ambientado na prehistoria? ¿un asasino en serie no paleolítico superior?...uf…demasiado vulgar, tópicos non, por favor…cecais alguna pasaxe histórica, iso sempre gusta, algún episodio emocionante, utlizado coma metáfora do presente, algunha revolta na idade media, unha lexion romana perdida nalgun deserto nos confins do imperio, a vida dun mercenario das estepas…demasiado complicado, haberia que darlle un bo enfoque realista, investigar sobre a época e os personaxes, documentarse, non…mellor algo de ficción, que sempre se pode contar o que un queira, sen mais limites que a imaxinacion…segundo cigarro, o fume ascende azaroso e eu ainda non dou atopado un bo conto…¿alguna parábola con toques misticos? ¿un conto para nenos? ¿relato erotico? ¿fabula con animais parlantes? ¿comedia surrealista? ¿thriller de espionaxe? ¿algo de contido dramático-social?... merda, sigo en branco, agardando a historia adecuada, coma o folio que teño diante miña…

No hay comentarios:

Publicar un comentario