domingo, 21 de diciembre de 2008

LIXO

Hoxe en dia, cos tempos que corren, case que da igual comezar unha historia polo principio ou polo medio, que polo final, porque, neste momento da historia, no que a confusión e o caos se instalan a nivel masivo no interior do craneo de moitos individuos, aqueles afortunados que todavía saiban distinguir o cu das témporas e limpar as babas de vez en cando poden considerarse sabios. Refuxiados involuntariamente, a salvo do medo exterior, encadeados en gaiolas de ouro algúns poucos privilexiados, uns cantos mais en gaiolas de cristal, e os mais, tras barrotes de esterco e miseria e suor, percorremos, a velocidades sen tempo, de nenos, e cada vez mais apresa, o que nos queda ate a morte, a medida que medramos. Sen embargo este crecemento so e fisico en moitos casos, pois xa digo, moitas veces un adulto so e un neno nun corpo mais grande. So asi se explican moitos comportamentos. Os grandes dictadores, nenos cabreados e henchidos de rezumante poder carismático, psicópatas uniformados, rodeados de meniños obedentes, lamendo as pelotas dos seus fortes Duces, Caudillos, Führers, Presidentes e demais constructores de destrucción humana, esperando obter algo dese poder, para, por unha vez, sentirse superiores, vengar a sua infancia rota coma un espello, neuronas que interconexionan na búsqueda da relucinte aura do poder sobre os demais, xerarquizadas visións do mundo, onde os veciños e irmáns non son todos iguais, e que poña a outra meixela a sua puta nai, pensan, mentras esmorecen, pola sua fantasía de grandilocuencia, centos e milleiros de humans, e quen di millóns di un, e que a vida debería valer o mesmo para todos, pero non, hai esta outra vez a xerarquía, e que o que e meu e meu, e ti, senón tes nada, a foderse, que o caviar e o champaña levanse por dentro, case por designio de Deus, tal vez, ou por que o digo eu, que para algo son mais forte ca ti, e teño toda unha garderia de cativos armados de rencor e subfusiles as miñas ordes, listos para arrincar os testículos e electrificar os osos a quen non lle guste o que facemos ou dicimos, únete a festa, pailán, que xa somos moitos, non quedes fora, que vai ser peor, e non te opoñas, non protestes, por que a ver, que mal che fai unirte os fortes, os que temos a razón, ainda que sexa unha razón saida do cerebro infecto dun simio subdesenrolado, unha razón cargada de metralla, balas, capital, borreguismo, fanatismo, propaganda e mass-media.
Miro o redor e as moreas enormes das ruinas plásticas, metálicas, bio-desagradables, cercan o libre descorrer da miña conciencia, ceganme, e se puidese berrar en alto, sen vergoña e medo, subiría a palestra pública de calqueira parque ou estación de tren, megáfono en man, e esfondaría a gorxa cagandome ben forte no mundo descreado, innatural, psicótico-paranoide, todo podre de decoracións valeiras e inútiles, que os antergos foron apodrecendo e que nos, en íntima e colectiva culpabilidade mal asumida imos degradando cun sorriso artificial, coma o brillo dun televisor mal sintonizado nunca noite de insomnio que xa dura demasiado.
Espertar desta situación, traballo de deuses.
Oxidalo todo ate que apodreza definitivamente e caia a cachos por todos lados. Arrastrarse polas ruas con fame e roupa suxa, sen lembranzas de lume quente no sofa, acomodados, tan boiños e tranquilos, cecais dandonos bicos no noso propio embigo ate desfacelo, anulando de xeito caseque budista zen o noso propio mal que por dentro nos recome e que chamamos ego.





Pantaseo sobre o meu corpo convertido nunca enorme maquinaria que produza fumes irrespirables, e emita radiacións tan cancerixenas que as poboacións que visite nos meus paseos destructores pola civilización materialista teñan que fuxir o campo e olvidarse do que ate o de agora viviran. Que sintan as mans duras e as unllas cheas de terra, e descansen baixo arbores de doce sombra sen pensar en nada mais, e asimilen coma algo natural ter frío e fame, e ainda asi, continuen a vivir.
Voltar despois as cidades agora deshabitadas e co meu alento metálico e velenoso, soprar e soprar, e barrer con todo resto de vellos tempos, de acumulación inútil de estructuras e lixos fedorentos, ver sair voando baixo o forte impulso dos pulmóns mecánicos as montañas de papeis, restos orgánicos ou non, ladrillos e aramios, ferros de todalas clases, vidros de cristaleiras cheas de po, trapos suxos, tecnoloxías obsoletas, migallas…
Farei que pasen centos de anos nas cabezas e nos espiritus das xentes todas, e con esta nova amnesia, xuntaremonos todos en grandes festas da natureza, sen adornos nen ambicións. Beber toda a noite licores destilados dos soños mais ledos, mentres danzamos en honra a vida verdadeira e nova.
Outra vez abro os ollos e miro a traves da fiestra, mentres a nausea da realidade me arrinca outro anaco de estomago. Voltar da pantasía sempre se paga. Nada mellor que os soños, que son gratis, e ningún mal fan a ninguén, mentres non adopten forma de verdade ou realidade.
Observo ringleiras infinitas de traballadores cos ollos baixos e semi-pechados, os puños apretados, os beizos contraidos, os fillos que lles choran, a falta de soños, a fábrica o fondo, metidos todos na engranaxe, lubricandoa par que chirrie menos e ollos que non ven, corazóns cegos e mustios, aplacar a dor cos mais vanos placeres, amnesia selectiva voluntaria, contraccións da alma, berros o fondo, xornadas laborais que duran toda a vida, ferramentas metidas nos órganos internos que case non deixan respirar.
Todo aquel que proclama ter a verdade única e absoluta esta chamando a tódolos que non comulguen coa sua visión profética e pechada da realidade, mentireiros ou ignorantes. Patrias e relixións impostas obrigan exercitos de medos que aplastan contra o paredón as relativas verdades individuais.
Pensar moito volve tolo, pensar pouco volve idiota. Por que eres ceibe, obedece. Por que obedeces, consumes. Por que consumes, fas moreas de lixos e po dos soños que acumulas baixo a cama. Ollos que non sinten…
Coñecín homes que disfrutaban verdadeiramente do seu traballo. Case sempre eran homes con poder, xefes, mandatarios. Gostaban de erguer a testa altiva e cravar a sua mirada de vidro frio nos trabajadores da sua propiedade. Frotaban as mans suaves, ociosas, imaxinando os rendementos, os cartos que se reflectían nas gotas de suor dos empregados.
Na factoría ‘Vacuidades S.L.’ amoreanse homes e cadeas de producción, enxendrando e parindo pequenos aparatos eléctricos con rechamantes luceciñas e sons hipnóticos, listos para sair o mercado. A sua maior virtude e non servir para nada, pero manteñen ocupados os currelas e satisfan as pantasías de poder dos xerifaltes, e as ansias de posesión material masiva dos cidadáns medios, demasiado temerosos de se ver privados do novo enxeño lúdico, que de non posee-lo, axiña sentirán o baleiro interior, o mirar o seu veciño lucindo novo cacharro, fachendoso pola rua, exhibindo o seu poder de adquisición. Non fai falla ser listo, bo ou honrado. Nen sequera fai falla ser idiota ou parecer humano. Basta con ter cartos e decir de maneira claramente subliminal os demais: Eu podo poseer cousas, ¿E ti, pobre pailán? ¿Podes?


Miro cara dentro de min, membro integrante da fastuosa e reconfortante clase media, desta ham-burguesía occidental, e podo sentir como as paredes interiores da miña casa interior estan desconchadas, caindose a anacos, cheas de manchas de humidade e cores gastadas, cun cheiro a podredume. Son os valores cos que me criaron, que se desfan, que se van polos sumideiros espirituais, que se mesturan nos pequenos recunchos do meu ego, cheos de lixo e borralla, a espera de que nese humus apodrecido caia unha semente de algo distinto, o que sexa, e agrome, e que as raices non sexan mais fortes que as ramas, que tiren para arriba, se enreden e conformen algo novo.
A cuncha do ovo primixenio reventou fai tempo emborronando todo, creando un mundo de cegos xordo-mudos. ¿Cara onde vas ti? Non o sei, respostanme os ollos valeiros da xente que non fala mais que do obvio, xa gastado.
Eclipses mentais. Epilepsias de occidente sen alma. Retumbos de pasos sen forza a milleiros, afastando do seu camiño as pedras necesarias nas que tropezar, unha ou cen veces. O bater de alas escuras na conciencia non a espertan. O soño dos inxustos, que somos todos. Imaxes poliédricas de críptico sentido abafan as ansias de algo orixinal. Preferible malo coñecido. Tal vez non haxa nada bo por coñecer ou quen sabe que. Eu non sei nada. Case me dan ganas de afogarme por dentro. Asasinar o gatiño interior que chia pola nai. Pecha-los ollos e respirar. Abrir a miña fiestra e a de todolos demais. Chamar cun silbo a rebelión, outras dictaduras disfrazadas de cordeiros. O lobo que coma herba, se quere. Os homes que enchan espantallos de cinzas. Nenos-marionetas acumulan sementes gastadas, en climas secos de indolencia. Cheiros a bravu gardados en relucintes frasquiños expostos en mostradores de comerciantes sen escrúpulos que trafican con inquedanzas resesas. Quen sabe nada.
Hordas silenciosas de barrendeiros cegos arrastran polas ruas oceanos de lixos acumulados o longo de, alomenos, cen anos. Fan exposicións dos restos sobrantes, e, a voz en grito, atraen a consumidores-polilla. Todo o entramado esta comesto polos insectos drogados de ego superior, e rin e baillan e fan festas en conmemoración as cousas que non cambian.
Volva vostede maña, susurran tras dos mostradores. Faltalle o impreso mais importante, ese que se atopa no profundo da glándula pineal. Cecais teña vostede que escarrabichar un pouco mais, separar ideas caducas. Non tire co resto desa operación persoal. Algo poderemos facer co que sobre. Xa vera como atopamos algo. Non se preocupe. Profundice. E non se esqueza: Volva vostede mañán.
Moitos non volven. Nen mañán nen o dia seguinte. Teñen medo de non ser quen de facelo ben. Que o mestre os abronque. Que o resto da clase se ria de un. Sentir as meixelas quentes e vermellas. Vergoña suorosa.
Hai outros mundos, pero non e facil conquerir o boleto. O revisor para a tódolos viaxeiros, miraos de arriba a baixo, cun sorriso cínico. Ti podes pasar. Ti non. Todos calan e achantan coa testa baixa. Algúns fan trasbordo e perdense para sempre en extrañas estacións onde vixiantes silenciosos nen os miran. Non son quen de preguntar pola saida e ali sentan en banquiños oxidados e agardan. O cartel que indica a saida fai tempo que se borrou. Bastaría con limpar o lixo que o cubre para ver o que esta escrito nel, pero todos prefiren quedar sentadiños coma nenos bos que agardan a nai a saida do colexio. Verde musgo remata cubrindo os seus corpos. Quedan cos ollos vidrosos fitando cara o chan, en soidade.





No seu metro cúbico, os honrados cidadáns conviven co seu silencio. Agarran un fio que se desfarrapou da sua roupa e, pouco a pouco, van tirando a modo del, para non rompelo. Co tempo acaban desfacendo a roupa toda e so queda unha morea de fio os seus pes. Fitan tristeiros coma co tempo se lles enche de po e frio a pel nua. Olvidaron que fan ali, e de todolos xeitos, tampouco hai demasiado que facer, asi que, en tranquila oración, convirtense en estatuas de xeo.
Os integrantes dun clube segredo deciden a incorporación de novos membros. Os fundadores xa van vellos, e os seus os ollos cansos xa non atinan a ler o libro sagrado que os manten unidos. Ninguén se fia xa dos novos membros que pretenden formar parte da institución, e tras deliberar durante meses e anos, non dan atopado solución o seu final. Acabaran con barolo nas entrañas, e non lles preocupa tanto coma para cambiar de posición ou abrir as fiestras e ventilar o recinto. Co paso do tempo cheira tan mal que xa ninguén quere acercarse por ali. Alguén tomara o relevo cando nin un so dos membros orixinais teña xa un último alento. Derrubara o vello edificio, xuntara xente nova e agardaran, paseniñamente, a criar eles mesmos, novo barolo.
Un exercito de homes invisibles levan armaduras oxidadas que aprisionan os seus corpos inexistentes. Camiñan o longo do mundo extendendo enfermedades descoñecidas, das que eles, algún dia, foron victimas sen cura.
Altos edificios de metal alumean polo dia e pola noite as conciencias das formigas-cidadáns que non atopan descanso nen sombra onde folgar. Buscan acobillos blandos e silentes onde botar un sono reparador, pero so atopan ruas mortas sen saida, caleixóns con altos muros que impiden mirar o que se atopa do outro lado, portais pechados, fiestras tapadas.
Enormes ringleiras de números con decimais circulan por autopistas negras, a través de moreas de papel e linguas secas. Representan homes e sentimentos. Asignanse por obrigación dixitos ben lexibles a cada cidadán e a cada parte interior, fisica ou mental, deses cidadáns. Algúns números tatuanse nas costas, e os homes que os levan teñen que pedir axuda a cada rato os seus conxéneres para que lles miren o número adecuado a cada situación, cando asi o requira o sistema. Códigos de barras gravados a lume ou escarificados no corpo serven os cidadáns para saber que son individuos clasificados e catalogados, e polo tanto, son propiedades. O mercadeo de humanos atrae espectadores desnaturalizados que agardan a chegada das feiras de homes, mulleres e nenos. Adquirense lotes individuais ou completos. Temos tamen o tamaño familiar, non se preocupen. Hai de todo e para tódolos gustos. Seguro que xa veu vostede algo que lle gustou. Se pode pagalo, e seu. Asi de sinxelo. Envolvemos-lle as adquisicións nun belido envoltorio plateado. E non se esqueza de voltar outro dia. Ata loguiño.
Os animais non humanos fan ruidos xordos, e, agochados en esquinas e baixo a superficie, emiten queixumes que pasan desapercibidos para os sentidos insensibilizados. Non se rebelan contra a sua natureza, por que non hai rebelión posible, nin motivos para tal. Na escuridade organizan reunións nas que se xuntan vexetais que producen sen parar humus e mais humus. Emiten vapores invisibles que invitarían a soñar se alguen poidese conservar a capacidade de respirar gratuitamente, sen vixiancia constante.
Paseniñamente chegan polo aire, disimuladamente, as risas de nenos ainda non corrompidos polo espiritu de occidente. No medio, algunha gargallada entolecida dalgun adulto o que xa nada lle importa, acompaña o vento.




Milleiros de palabras cheas de desinformación atravesan cada dia os sesos dos tranquilos humanos-receptores. Non hai posibilidade de emisión individualizada. E unha corrente unidireccional, e o prezo por cambiar esta situación e demasiado elevado, demasiadas cousas que sacrificar. Non nos interesa, berra a maioría, que mira tranquilamente cara outro lado, mentres agardan a nova emisión de anuncios e ofertas valeiras, nas que, desnortados, tratan de capturar unha razon para xustificar a sua existencia.
Grandes orquestas tocan unha e outra vez a mesma tonada. Todo o mundo xa coñece a melodía, pero seguiran baillando cos ollos en branco toda a noite. Non queren notas novas, por que terían que aprender novos pasos de baile, e iso si que non o podemos permitir, señores. Faremos o que sexa. Pediremos os músicos que toquen cada vez mais alto e forte. Mesmo podemos obrigalos a que toquen ainda mais rápido. Pero non. Tocar cancións ainda descoñecidas, iso si que non o podemos permitir, amigos. E polo ben da maioría, dos honrosos cidadáns. E por que o dicimos nos e punto, que para algo contratamos os músicos e escribimos a partitura. E acabouse. Non queremos oir notas discordantes.
Cos petos cheos de terra camiñamos, case arrastras, na busca da saida do sol. O frio da noite, a pel rabuñada, os osos cansos, os dedos apretados, as veas tensas, os ollos duros, a lingua seca, o pelo revolto, os dentes amarelos, as uñas, coma os petos, cheas de terra. Miramonos con tristura, coa ollada volta cara o soño, despedindonos ate o solpor seguinte. As mans lentas esbozan un lento ‘ata logo’ removendose no aire fresco. Non mirar atrás e o noso segredo.
Casas valeiras de portas apolilladas, fiestras rotas, metais oxidados, vidros en anacos polo chan e pinturas de cores gastadas decoran o barrio. Poucos se animan a pasear por paraxes tan suxerentes, tan cargados de significado, tan metáforas de metáforas. Os veciños do barrio asoman de entre as tebras para cravar miradas de pedra os paseantes, que prefiren ignorar ou, cun asubio, disimular a incómoda presencia dos veciños vixiantes. Caras vellas con enrugas ainda mais vellas seguirán ocultas nas esquinas, expectantes, agardando o dia en que o barrio enteiro se veña abaixo, ou, alomenos, o sol chegue a rachar as sombras, e derrube enrugas e derrube tempo.
As gaiolas da feira de cegos estan cheas de homes e mulleres e nenos coas cuncas dos ollos valeiras, que asoman as mans a traves dos barrotes, rozando o aire, tratando de captar un pouco da realidade que ala fora intuen. Escoitan voces en tódolos idiomas dia e noite, e os mais afortunados conseguen, de cando en vez, rozar cousas que se moven mais alo do frio metal das suas celas. Forman consellos de sabios e tratan de desvelar o mundo que os rodea e que non poden atrapar mais que a ratos, neses pequenos momentos de tacto invisible ou de melodía que se leva o vento.
Habitacións de hospitais, repletas de enfermos afectados de doenzas obrigatorias, rezuman cheiros a desinfectantes e podredume. Os médicos fai tempo abandoaron os seus traballos e deberes, tomaron todalas menciñas e remedios, e vagan ataviados con batas brancas descoloridas polos corredores, berrandolle as paredes números de pacientes e nomes de afeccións descoñecidas. Saben que a única enfermidade mortal e a vida e, perdida toda esperanza de atopar remedio, abandoanse, sen remorsos, a amnesia e a tolemia.
Nalgun deserto, ou cecais en todos, os esqueletos de animais menos fortes que o propio deserto, agardan a se transformar en area e aumentar a extensión das terras áridas e sen vida. Un dia caerán augas do ceo, pero nada haberá que as agarde, e lles rinda tributo e oración.


Os escritos das paredes aparecen agora gastados. A pintura desfixose co tempo e a humidade, e persoas perdidas tratan de atopar significado nas manchas que ven. Buscan axuda en sabios traductores e filólogos das linguas mortas, que tampouco dan atopado sentido os borróns escuros que adornan os altos muros. Devanan os sesos e fan conxeturas, establecen concilios e organizan conferencias sobre o tema dos signos pintados, sen decatarse que para todo hai un tempo e un lugar, e que as cousas cambian e o tempo-chuvia arrastra tras de si, inevitablemente, palabras e ideas e homes e intencións.
As prostitutas non atopan clientela. O clima nervioso dos tempos novos conxela en solida tensión o esperma nos testículos e os azos de bicos e agarimos. Polas ruas mais agochadas so circula o medo e os resortes metálicos da inquedanza. Ninguén quere contacto, so esquecemento e mirar nubes no ceo na busca de prediccións e augurios, a espera de lonxanas brisas quentes, que traeran acougo e doce sabor de boca.
No profundo da selva, os susurros nocturnos son interrumpidos por maquinas destructoras. Os animais pequenos agochanse baixo terra e nos ocos das altas arbores. Os mais grandes rindense o presente, e os paxaros voaran centos de kilómetros para fuxir do fume e do metal. Pronto so habera silencio e cinzas e sementes que non agromaran.
Nais sobreprotectoras crian, entre algodóns perfumados, futuros fillos ionquis de amor e suavidades, que percorreran, xa de adultos, ruas infestadas de agarimosos cheiros na búsqueda do tacto lene do pasado.
Sinto a punzada certeira das lembranzas que máquinas desclasificadoras do futuro esnaquizarán entre cruxidos mecánicos, o amparo de gobernos totalitarios que buscan coma fin ultimo o esquecemento global de soños ou desexos.
Os cans amosan dentes afiados e amarelos o tempo que ouvean o aire mentres sinten ameazas incorporeas vaporosas que fluen en tódalas direccións. A violencia deixa rastros de medo e vergoña por todas partes.
Intercambio de información clandestina en urinarios de estacións de trens abandoadas. Mensaxes segredos entregados en casas vellas a informantes desmemoriados por espias que non lembran o santo e seña. Informacións valiosas que se perden cada segundo en circuitos mal conectados. Cerebros electrónicos que estouran ante as emocións puras. Laboratorios que destilan espiritus en tubos de ensaio para lograr almas corruptas. Cientificos cansos que se excitan con mulleres fermosas. Mestres que con sangue obrigan a entrar a letra. Vixiantes que non teñen quen os vixie espian a individuos e inventan inimigos. Presidentes de empresas especializadas en producir placebos. Mercenarios todos de corporacións ocultas tan carentes de base sólida coma as nubes ou o vento.
Polas ruas da cidade toda podese percibir a peste ácida que se desprende das vísceras podres dos animais sacrificados o deus do estómago. Corpos de toda clase de bestas estan tumbados panza arriba, co ventre rachado, asomando tripas e sangue coagulada, cubertos de moscas que reproducen melodías que non son quen de lembrar. Os mercaderes de carne animal berran dende os seus postos, coitelo en man, as ofertas do dia.
Borralleiros cheos de colillas perfuman despachos repletos de detidos en operacións policiais irregulares. Todos tremen de desconcerto agardando a sentencia por crimes ainda non lexislados. Torturadores enmascarados obteñen confesións falsas a través de tecnicas psicolóxicas vergoñantes.
Centos de milleiros de explosións son anunciadas a viva voz dende outas atalaias por homes sen mais roupa que o medo e a rabia. O eco dos berros extendese polos órganos internos de nenos ainda no útero da nai que se removen inquedos no liquido amniótico.
Cópulas estériles amamantan o desexo intermitente de cidadáns confusos e incorporeos que tratan de atopar ledicias soterradas no profundo do seu soto interior descomposto.O falso teito das casas agocha unha morea de obxetos, cheos de po, cubertos de tempo, musgo e teas de araña, que os donos esqueceron fai tempo, e que agora morden as uñas, anguriados, sen saber que as lembranzas seguen a querer romper a pel do pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario