sábado, 20 de diciembre de 2008

CHUVIAESCULTURA

...non lle preocupaba a perfeccion. So a beleza. Dende o seu punto de vista, claro.
Tiña preparado o grande bloque de arxila, duas ou tres veces mais grande ca el, asentado no xardin. Apañou as ferramentas de traballo e puxose mans a obra. Arrincou anacos sobrantes, modelou coas mans certas partes, outras traballounas con ferros e grabou simbolos e signos sobre a superficie, antes de pulir a figura, conseguindo un aspecto hiperrealista.
Agora faltaba o aspecto mais importante: o traballo do azar e a natureza sen consciencia artistica.
A escultura estivo varios dias no xardin, sen retocar, agardando a ultima fase do traballo.
Enton chegaron as chuvias. As gotas caian con forza dende o ceo, deformando e transformando o traballo do escultor. O barro mollado escuriase sobre si mesmo distorsionando a forma orixinal, enchendose de pequenas estalactitas de arxila, borrando a vella forma orixinal,creandose de novo.
Cando deixou de chover, o escultor saiu o xardin. Sorria. Sentiase cheo de orgullo.
Agora si estaba acabado o traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario