martes, 23 de diciembre de 2008

AUTOESQUELA

...rematara de almorzar e estaba acabando de fumar un loiro cando os seus ollos detiveronse naquela paxina do periodico. Foi coma un fogonazo. Na paxina de esquelas aparecia en grandes letras o seu nome: Xaquin Carballo Lemos. Poida que fose unha incrible casualidade. Seguiu lendo. A localidade era a sua. A idade a mesma ca el. Os parentes...adicabanlle un ultimo adeus. Imposible. ¿Que clase de erro era aquel? Chamou a sua nai. Fixo duas ou tres chamadas pero ninguen contestaba no outro lado da liña. Matinaba na posible explicacion daquel anuncio da sua defuncion. ¿Unha broma macabra dos colegas? Demasiado macabro incluso para os seus compañeiros de xogos de rol. Se a sua familia leia o anuncio habian coller un bo disgusto. Voltou chamar a nai. Seguia sen contestar. Logo chamou o seu pai o traballo. Non estaba ali. O sua secretaria dixolle que o seu fillo morrera e que agora debia estar no enterro. Xaquin quedou calado e colgou o telefono lentamente. Colleu de novo o periodico. Buscou na esquela o lugar onde se estaria realizando o enterro. Despois montou no coche e foi cara ala. Detivose na entrada do cemiterio. De lonxe puido ver o enterro. Ali estaba a sua nai, o seu pai, o seu irman, puido recoñecer alguns parentes mais, e tamen viu que viñeran alguns amigos seus. Naquel momento estaban metendo o cadaleito no burato feito na terra. Todos parecian tristes e abstraidos. Xaquin non quiso interromper aquel acto. Volveu meterse no coche. Deulle o contacto e arrincou. Alonxouse sen direccion definida. Agora era un morto. Podia facer o que quixera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario