sábado, 20 de diciembre de 2008

ANTIBIOGRAFIA 2º PARTE

Sabemos con certo grado de certeza que Ruiberto Difusez abandona o colexio con trece anos.
Dos cinco documentos graficos que posuimos sobre este suxeito, catro son fotografias ou de mala calidade ou desenfocadas, e o quinto, un recorte dun periodico local no que aparentemente, entre unha cabalgata festiva, aparece un home camiñando so pola outra aceira, fora de cadro, e que semella ser o noso home.
A primeira destas fotografias, cedida por un informante anonimo, amosanos nun papel fotografico cunha patina grisacea, un primeiro plano de perfil fuxitivo dun mozo duns trece anos. Semella ser un Ruiberto adolescente, o que se lle pode vislumbrar de esguello un beizo cun bigotiño incipiente e acne abondoso.
Ainda que non se mencionara ate o de agora, ha de supoñer o lector que a familia do Sr.Difusez esta ilocalizable. ¿Mortos? ¿Desaparecidos? ¿Fuxitivos? Nada se sabe. Tan escura e a sua historia coma a do propio Ruiberto.
Pero prosigamos cos datos cos que contamos para esta etapa da sua vida, que de seguro debeu marcar o seu futuro. Demos paso, pois, as palabras do que foi o seu veciño no vran en que Ruiberto pasou uns meses na localidade de Q. cando contaba con 14 anos:

"Si. Erache un tipo ben raro. Xa che digo que non o tiven mirado fora da casa mais cun par de veces, e sempre de lonxe. Vivia o lado dunha rapaciña que, buff! como estaba...ai! os tempos son pasados...pero si, indo o conto, erache un neno...como che diria...moi sui generis, como din agora...
Unha vez, bueno, tal vez mais dun par, por curiosidade, nada malo, espieino con prismaticos dende a miña fiestra. Nunca o puiden ollar ben. Case sempre estaba a oscuras na habitacion. Sen moverse. Sempre asi. O que eu che dicia, un rapaz raro, ben raro...seguro que nin se masturbaba..."

Outra testemuña, neste caso dunha rapaza que compartiu clase no instituto con R.Difusez, que nos deixa dito o seguinte:

"Sempre se sentaba atras de todo. Na ultima silla, e sempre chegaba o ultimo e saia o primeiro, e sempre pola porta de atras, asi que en realidade nunca se deixaba ver demasiado. A min gustabame, ou a idea que tiña de el. Sempre tan misterioso, tan fugaz. Se trataba de seguilo polos pasillos, sempre me deixaba atras esvaecendose tras calqueira recuncho..."

Sabemos grazas as palabras que nos concedeu o director do centro que Ruiberto abandonou o instituto sen ter rematado todolos cursos. Explicase asi:

"Sempre foi un estudiante...bueno...alomenos un alumno moi tranquilo, pouco conflictivo. ¿Sabe cantas chamadas a orde recibiu? Ningunha. De feito nunca apareceu polo meu despacho. Iso e bo, xa que xa sei que cando veñen polo meu despacho non e por nada bo. E mais, alguns veñen todalas semanas. O caso e que este rapaz, o tal Difusez...Bueno, o certo e que eu nunca o din mirado, digamos, en directo. Sei da sua historia polo que me contaron os seus profesores. Un dia, de supeto desapareceu. Deixou de vir o instituto. O curioso do caso e que nin os mesmos profesores que lle daban clase se poñen de acordo en cando sucedeu isto. A maioria coinciden en dicir que ter a Ruiberto na clase era coma ter unha pantasma. Estaba e... non estaba, non sei se me explico. O caso e que un dia, pouco a pouco todos se deron conta de que alguen faltaba. Notaron, coma explicou o seu profesor de matematicas, o efecto do membro pantasma, xa sabe, como a xente que perdeu un brazo, pero seguelle a picar a man...Ese dia, por seguir coa metafora, deixaron de sentir o picor na man que faltaba...O asunto e que marchou do instituto sen dicir nada, sen explicarse, ninguen respondia no seu telefono, o correo que lle enviamos acumulabase nunha casa valeira como se puido comprobar tempo despois. Si marchou do instituto...desapareceu...e non voltou nunca..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario