martes, 30 de diciembre de 2008

DISPERSION DE PERSONALIDADE

Cando se cumple un ano da morte de Ramon Fenestra, mais coñecido coma Blitzersnap, artista multimedia, pintor e musico, aproveitamos o aniversario da sua defuncion en extrañas circunstancias non esclarecidas todavia, para tratar de profundar na sua carismatica personalidade a traves dunha serie de entrevistas realizadas a membros da sua familia, amigos e xente do seu entorno.

"Sempre foi un impresentable. Era un neno tremendo, terrible. Non habia forma de controlar o seu caracter. Sempre berrando, rompendo todo, facendo trasnadas. E cando chegou a mozo, xa ve, metido a vividor, a cantamañans...¡Artista dicia que era! Sempre sera o meu fillo, pero agora que esta morto...respiro mellor, non sei se me entende...ehem..." X.R. Fenestra Ramos, pai de Blitzersnap.

"Ai! O meu filliño. Canto o boto de menos...Era tan bo rapaz. Xa de neno era tan boiño, nunca fixo mal ningun. Ate na escola portabase de maravilla...Sempre obediente, sempre ben limpo...Xa ve vostede canto o queria o seu publico. Facia aquelas cousas tan raras nos videos, e cantaba...bueno, tiña unhas letras que non eran moi cristianas, pero tiña a voz dun anxo..." M. Lourido Sanchez, nai de Blitzersnap.

"O meu irman sempre foi moi raro. Podia pasarse horas encerrado na sua habitacion lendo ou escribindo. Sempre tan calado. Nunca o teño mirado con mozas, ate que claro, se fixo famoso, e ainda asi..." M. Fenestra Lourido, irman maior do noso persoaxe.

"Inquieto. Asi lembro o meu irman. Nunca daba parado na casa. Sempre andaba por ahi cos amigos. Andaba sempre metido en extraños proxectos artisticos...como o daquela vez cando entrou vestido de romano na catedral e tratou de levarse o cristo crucificado...Xa lle digo, un tolo inquieto e incontrolable, non respetaba nada, sempre argallando algunha falcatruada." V. Fenestra Lourido, irman menor.

"Eu fun amigo seu dende os dez anos. E fumos inseparables ate que lle chegou a fama. Eu non sei coma fixo, por que sempre o lembro apalairocado, nunca se enteraba de nada. Era bo rapaz, demasiado bo cecais, sen nada de malicia, mesmo aburrido. E que non entendo como chegou a onde chegou. Os seus cadros son malos con ganas, e coma cantante, pois, con esa voz de pito, xa me dira...pero todo e cuestion de gustos..." R. Goumanes, amigo de Blitzersnap.

"Gañoume con esa voz tan sensual e masculina que tiña. Fun a sua moza por uns anos. Era tan creativo, tan vivo, sempre coa mente esperta, sempre activo... O noso foi estupendo, pero coa fama xa sabe...afectoulle dun xeito moi malo...encerrouse en si mesmo e xa non saia mais que os escenarios, ou estaba no seu taller de creacions, ou metido no seu cuarto mirando para o teito, perdida a vista..." S. Lemos, moza do noso protagonista.

"O cabron era insoportable. Maleducado, drogadicto, incivilizado, irresponsable...Pero era un xenio. Tivemos que fichalo, por que tiña algo moi creativo no interior. Evidentemente, despois da terceira paliza que me deu, tiven que cancelar o seu contrato..." W. Maxwell, productor do primeiro disco de Blitzersnap.

"A fama subiuselle a cabeza. Non paraba de andar con mozas. Abandonou a sua creatividade. Mesmo deixou de pintar. Andaba de farra en farra. Non paraba. Eu trataba de calmar a sua ansia tola de festa continua, pero xa non escoitaba a nadie..." B. Etxagui, guitarra da banda de Blitzersnap.

"A fama terminou de desequilibra-lo. Era un tipo tan sensible. Sempre tranquilo, sempre con boas maneiras. Mesmo non se aproveitaba das suas groupies. Nunca o mirabas andar con mulleres. Sempre concentrado a crear cancions ou videos...Cando se fixo famoso, en vez de aproveitar a boa vida, recluiuse nun mutismo total. Daba pena miralo tan lastimeiro..." L. Daguirre, baixista da banda.

"Era un porco, cria que por ser famoso se podia aproveitar das rapazas. Eu mesmo presentei denuncia contra el despois de que tentara abusar de min..." S.M.N. ex-groupie de Blitzersnap.

"Os seus cadros reflexan un alma atormentada, que a traves das suas abstraccions retorcen a creatividade en novas formas, amosandonos modos de sufrimento, cores apagados froito das amarguras do artista, sublimando a esencia dunha personalidade complexa..." D. Fines, critico de arte.

"A sua musica deixanos pasaxes de ledicia e alegria de vivir. Blitzersnap, un artista e un home directo, amable, sinxelo..." T. Bunner, critico de musica.

lunes, 29 de diciembre de 2008

SINDROME DA PAXINA EN BRANCO

…vale, moi ben, o escenario xa o teño listo…paquete de cigarros, copa de licor, as neuronas agardando as musas , e o folio en branco fronte a min, disposto a recoller unha nova historia…ben, comecemos…uhmmm…ameazante horror vacui na brancura dunha paxina virxe…¿Qué poderia relatar?...vertigo de escritor, ideas que non acuden…tantas historias potenciais por desenvolver…vale, acendo o cigarrillo…o fume tal vez inspire…o folio inmaculado reclama verbas escritas sobre el…ok, alo imos…eh…merda, non se me ocurre nada digno, as grandes historias xa foron contadas, os grandes temas xa foron tratados abondo: amor, morte, rendición, búsqueda, castigo, perdón, viaxe iniciático, traición, tolemia, amizade, ect… non hai que inquedarse…sempre quedan formas novas de tratar historias vellas, si… tal vez un relato sobre a clásica historia de amor, poderia versar sobre duas pantasmas enamoradas, perdidas entre dimensions que so se atopan cada certo ciclo astronómico, bah…demasiado visto…ainda que a ciencia-ficcion sempre e fonte de inspiración e novos xeitos de enfocar tematicas de toda a vida… non sei, o clásico doutor tolo que crea unha substancia que permite relembrar o pasado dun modo absoluto, alguns individuos proban o experimento e enfontanse a escuros rincons da sua vida pretérita…non, non me convence…¿e un conto de medo?...¿tal vez ambientado na prehistoria? ¿un asasino en serie no paleolítico superior?...uf…demasiado vulgar, tópicos non, por favor…cecais alguna pasaxe histórica, iso sempre gusta, algún episodio emocionante, utlizado coma metáfora do presente, algunha revolta na idade media, unha lexion romana perdida nalgun deserto nos confins do imperio, a vida dun mercenario das estepas…demasiado complicado, haberia que darlle un bo enfoque realista, investigar sobre a época e os personaxes, documentarse, non…mellor algo de ficción, que sempre se pode contar o que un queira, sen mais limites que a imaxinacion…segundo cigarro, o fume ascende azaroso e eu ainda non dou atopado un bo conto…¿alguna parábola con toques misticos? ¿un conto para nenos? ¿relato erotico? ¿fabula con animais parlantes? ¿comedia surrealista? ¿thriller de espionaxe? ¿algo de contido dramático-social?... merda, sigo en branco, agardando a historia adecuada, coma o folio que teño diante miña…

miércoles, 24 de diciembre de 2008

TENNO HEIKA BANZAI!!!

...sentia realmente tremer todo o seu redor, notaba a velocidade cada vez maior, o zumbido de fondo incrementandose, a adreanalina disparada ate os limites que o organismo podia soportar, suor quente, corazon palpitando o maximo, as veas cheas de sangue a bombear forte, na sua mente, saturada pola situacion, todo en branco, agas un unico pensamento, seguir ate o fin, non cambiar o rumbo, seguir acelerando e baixando, achegandose o inimigo, non habia opcion, encheu ben os pulmons, abriu a gorxa e ben forte, e con toda rabia, deu un ultimo berro que durou ate o momento fin...

martes, 23 de diciembre de 2008

AUTOESQUELA

...rematara de almorzar e estaba acabando de fumar un loiro cando os seus ollos detiveronse naquela paxina do periodico. Foi coma un fogonazo. Na paxina de esquelas aparecia en grandes letras o seu nome: Xaquin Carballo Lemos. Poida que fose unha incrible casualidade. Seguiu lendo. A localidade era a sua. A idade a mesma ca el. Os parentes...adicabanlle un ultimo adeus. Imposible. ¿Que clase de erro era aquel? Chamou a sua nai. Fixo duas ou tres chamadas pero ninguen contestaba no outro lado da liña. Matinaba na posible explicacion daquel anuncio da sua defuncion. ¿Unha broma macabra dos colegas? Demasiado macabro incluso para os seus compañeiros de xogos de rol. Se a sua familia leia o anuncio habian coller un bo disgusto. Voltou chamar a nai. Seguia sen contestar. Logo chamou o seu pai o traballo. Non estaba ali. O sua secretaria dixolle que o seu fillo morrera e que agora debia estar no enterro. Xaquin quedou calado e colgou o telefono lentamente. Colleu de novo o periodico. Buscou na esquela o lugar onde se estaria realizando o enterro. Despois montou no coche e foi cara ala. Detivose na entrada do cemiterio. De lonxe puido ver o enterro. Ali estaba a sua nai, o seu pai, o seu irman, puido recoñecer alguns parentes mais, e tamen viu que viñeran alguns amigos seus. Naquel momento estaban metendo o cadaleito no burato feito na terra. Todos parecian tristes e abstraidos. Xaquin non quiso interromper aquel acto. Volveu meterse no coche. Deulle o contacto e arrincou. Alonxouse sen direccion definida. Agora era un morto. Podia facer o que quixera.

lunes, 22 de diciembre de 2008

VERDADEIRA HISTORIA DE AMOR Nº 7.325.279

-Querote!!
-Eu tamen!!

LARVA

Notou que lle picaba algo no costado. Tocou cos dedos e sentiu unha pequena protuberancia. Algo coma un grano infectado. Comezou a rasca-lo, pero tivo que parar por que a sensacion tornouse desagradable, non so non aliviaba a picazon, senon que mesmo sentia unha dor confusa na zona. Sentouse no sofa e acendeu un cigarrillo tratando de tranquilizarse. De supeto volveu notar o picor. Esta vez mais intenso. Ergueuse e foi o baño e alzou a camiseta para mirar que era aquel bultiño. A zona lateral entre a media espalda o estomago estaba enroxecida. Colleu pomada contra as picaduras e untouna na pel. No momento puxose branco da impresion. A crema queimaballe. Tivo que quitala con auga e coller alento. Colleu o telefono e chamou o traballo, que non ia poder ir, que non se atopaba ben, problemas de saude, mañan espero estar mellor, ect.
Pero asi como colgou o telefono un forte espasmo tirouno o chan. Algo moviase na zona infectada. Case perde o sentido entre a dor e o susto. Estaba palido e abafado. Tremia e suaba. Voltou a coller o telefono. Esta vez marcou o numero da sua irman. Falou entrecortado e incoherente. Dixo algo sobre a dor no costado, a irma dixolle que fose o medico, el respostou que non se podia mover, que o bulto estaba a crecer moi apresa, que non aturaba a dor, que notaba algo a crecer dentro do seu corpo, ela colgou o telefono e saiu correndo para tratar de auxilia-lo. Cando chegou a casa so atopou no salon o pelexo esnaquizado, coma un cascaron baleiro, do que antes fora o corpo do seu irman.

domingo, 21 de diciembre de 2008

LIXO

Hoxe en dia, cos tempos que corren, case que da igual comezar unha historia polo principio ou polo medio, que polo final, porque, neste momento da historia, no que a confusión e o caos se instalan a nivel masivo no interior do craneo de moitos individuos, aqueles afortunados que todavía saiban distinguir o cu das témporas e limpar as babas de vez en cando poden considerarse sabios. Refuxiados involuntariamente, a salvo do medo exterior, encadeados en gaiolas de ouro algúns poucos privilexiados, uns cantos mais en gaiolas de cristal, e os mais, tras barrotes de esterco e miseria e suor, percorremos, a velocidades sen tempo, de nenos, e cada vez mais apresa, o que nos queda ate a morte, a medida que medramos. Sen embargo este crecemento so e fisico en moitos casos, pois xa digo, moitas veces un adulto so e un neno nun corpo mais grande. So asi se explican moitos comportamentos. Os grandes dictadores, nenos cabreados e henchidos de rezumante poder carismático, psicópatas uniformados, rodeados de meniños obedentes, lamendo as pelotas dos seus fortes Duces, Caudillos, Führers, Presidentes e demais constructores de destrucción humana, esperando obter algo dese poder, para, por unha vez, sentirse superiores, vengar a sua infancia rota coma un espello, neuronas que interconexionan na búsqueda da relucinte aura do poder sobre os demais, xerarquizadas visións do mundo, onde os veciños e irmáns non son todos iguais, e que poña a outra meixela a sua puta nai, pensan, mentras esmorecen, pola sua fantasía de grandilocuencia, centos e milleiros de humans, e quen di millóns di un, e que a vida debería valer o mesmo para todos, pero non, hai esta outra vez a xerarquía, e que o que e meu e meu, e ti, senón tes nada, a foderse, que o caviar e o champaña levanse por dentro, case por designio de Deus, tal vez, ou por que o digo eu, que para algo son mais forte ca ti, e teño toda unha garderia de cativos armados de rencor e subfusiles as miñas ordes, listos para arrincar os testículos e electrificar os osos a quen non lle guste o que facemos ou dicimos, únete a festa, pailán, que xa somos moitos, non quedes fora, que vai ser peor, e non te opoñas, non protestes, por que a ver, que mal che fai unirte os fortes, os que temos a razón, ainda que sexa unha razón saida do cerebro infecto dun simio subdesenrolado, unha razón cargada de metralla, balas, capital, borreguismo, fanatismo, propaganda e mass-media.
Miro o redor e as moreas enormes das ruinas plásticas, metálicas, bio-desagradables, cercan o libre descorrer da miña conciencia, ceganme, e se puidese berrar en alto, sen vergoña e medo, subiría a palestra pública de calqueira parque ou estación de tren, megáfono en man, e esfondaría a gorxa cagandome ben forte no mundo descreado, innatural, psicótico-paranoide, todo podre de decoracións valeiras e inútiles, que os antergos foron apodrecendo e que nos, en íntima e colectiva culpabilidade mal asumida imos degradando cun sorriso artificial, coma o brillo dun televisor mal sintonizado nunca noite de insomnio que xa dura demasiado.
Espertar desta situación, traballo de deuses.
Oxidalo todo ate que apodreza definitivamente e caia a cachos por todos lados. Arrastrarse polas ruas con fame e roupa suxa, sen lembranzas de lume quente no sofa, acomodados, tan boiños e tranquilos, cecais dandonos bicos no noso propio embigo ate desfacelo, anulando de xeito caseque budista zen o noso propio mal que por dentro nos recome e que chamamos ego.





Pantaseo sobre o meu corpo convertido nunca enorme maquinaria que produza fumes irrespirables, e emita radiacións tan cancerixenas que as poboacións que visite nos meus paseos destructores pola civilización materialista teñan que fuxir o campo e olvidarse do que ate o de agora viviran. Que sintan as mans duras e as unllas cheas de terra, e descansen baixo arbores de doce sombra sen pensar en nada mais, e asimilen coma algo natural ter frío e fame, e ainda asi, continuen a vivir.
Voltar despois as cidades agora deshabitadas e co meu alento metálico e velenoso, soprar e soprar, e barrer con todo resto de vellos tempos, de acumulación inútil de estructuras e lixos fedorentos, ver sair voando baixo o forte impulso dos pulmóns mecánicos as montañas de papeis, restos orgánicos ou non, ladrillos e aramios, ferros de todalas clases, vidros de cristaleiras cheas de po, trapos suxos, tecnoloxías obsoletas, migallas…
Farei que pasen centos de anos nas cabezas e nos espiritus das xentes todas, e con esta nova amnesia, xuntaremonos todos en grandes festas da natureza, sen adornos nen ambicións. Beber toda a noite licores destilados dos soños mais ledos, mentres danzamos en honra a vida verdadeira e nova.
Outra vez abro os ollos e miro a traves da fiestra, mentres a nausea da realidade me arrinca outro anaco de estomago. Voltar da pantasía sempre se paga. Nada mellor que os soños, que son gratis, e ningún mal fan a ninguén, mentres non adopten forma de verdade ou realidade.
Observo ringleiras infinitas de traballadores cos ollos baixos e semi-pechados, os puños apretados, os beizos contraidos, os fillos que lles choran, a falta de soños, a fábrica o fondo, metidos todos na engranaxe, lubricandoa par que chirrie menos e ollos que non ven, corazóns cegos e mustios, aplacar a dor cos mais vanos placeres, amnesia selectiva voluntaria, contraccións da alma, berros o fondo, xornadas laborais que duran toda a vida, ferramentas metidas nos órganos internos que case non deixan respirar.
Todo aquel que proclama ter a verdade única e absoluta esta chamando a tódolos que non comulguen coa sua visión profética e pechada da realidade, mentireiros ou ignorantes. Patrias e relixións impostas obrigan exercitos de medos que aplastan contra o paredón as relativas verdades individuais.
Pensar moito volve tolo, pensar pouco volve idiota. Por que eres ceibe, obedece. Por que obedeces, consumes. Por que consumes, fas moreas de lixos e po dos soños que acumulas baixo a cama. Ollos que non sinten…
Coñecín homes que disfrutaban verdadeiramente do seu traballo. Case sempre eran homes con poder, xefes, mandatarios. Gostaban de erguer a testa altiva e cravar a sua mirada de vidro frio nos trabajadores da sua propiedade. Frotaban as mans suaves, ociosas, imaxinando os rendementos, os cartos que se reflectían nas gotas de suor dos empregados.
Na factoría ‘Vacuidades S.L.’ amoreanse homes e cadeas de producción, enxendrando e parindo pequenos aparatos eléctricos con rechamantes luceciñas e sons hipnóticos, listos para sair o mercado. A sua maior virtude e non servir para nada, pero manteñen ocupados os currelas e satisfan as pantasías de poder dos xerifaltes, e as ansias de posesión material masiva dos cidadáns medios, demasiado temerosos de se ver privados do novo enxeño lúdico, que de non posee-lo, axiña sentirán o baleiro interior, o mirar o seu veciño lucindo novo cacharro, fachendoso pola rua, exhibindo o seu poder de adquisición. Non fai falla ser listo, bo ou honrado. Nen sequera fai falla ser idiota ou parecer humano. Basta con ter cartos e decir de maneira claramente subliminal os demais: Eu podo poseer cousas, ¿E ti, pobre pailán? ¿Podes?


Miro cara dentro de min, membro integrante da fastuosa e reconfortante clase media, desta ham-burguesía occidental, e podo sentir como as paredes interiores da miña casa interior estan desconchadas, caindose a anacos, cheas de manchas de humidade e cores gastadas, cun cheiro a podredume. Son os valores cos que me criaron, que se desfan, que se van polos sumideiros espirituais, que se mesturan nos pequenos recunchos do meu ego, cheos de lixo e borralla, a espera de que nese humus apodrecido caia unha semente de algo distinto, o que sexa, e agrome, e que as raices non sexan mais fortes que as ramas, que tiren para arriba, se enreden e conformen algo novo.
A cuncha do ovo primixenio reventou fai tempo emborronando todo, creando un mundo de cegos xordo-mudos. ¿Cara onde vas ti? Non o sei, respostanme os ollos valeiros da xente que non fala mais que do obvio, xa gastado.
Eclipses mentais. Epilepsias de occidente sen alma. Retumbos de pasos sen forza a milleiros, afastando do seu camiño as pedras necesarias nas que tropezar, unha ou cen veces. O bater de alas escuras na conciencia non a espertan. O soño dos inxustos, que somos todos. Imaxes poliédricas de críptico sentido abafan as ansias de algo orixinal. Preferible malo coñecido. Tal vez non haxa nada bo por coñecer ou quen sabe que. Eu non sei nada. Case me dan ganas de afogarme por dentro. Asasinar o gatiño interior que chia pola nai. Pecha-los ollos e respirar. Abrir a miña fiestra e a de todolos demais. Chamar cun silbo a rebelión, outras dictaduras disfrazadas de cordeiros. O lobo que coma herba, se quere. Os homes que enchan espantallos de cinzas. Nenos-marionetas acumulan sementes gastadas, en climas secos de indolencia. Cheiros a bravu gardados en relucintes frasquiños expostos en mostradores de comerciantes sen escrúpulos que trafican con inquedanzas resesas. Quen sabe nada.
Hordas silenciosas de barrendeiros cegos arrastran polas ruas oceanos de lixos acumulados o longo de, alomenos, cen anos. Fan exposicións dos restos sobrantes, e, a voz en grito, atraen a consumidores-polilla. Todo o entramado esta comesto polos insectos drogados de ego superior, e rin e baillan e fan festas en conmemoración as cousas que non cambian.
Volva vostede maña, susurran tras dos mostradores. Faltalle o impreso mais importante, ese que se atopa no profundo da glándula pineal. Cecais teña vostede que escarrabichar un pouco mais, separar ideas caducas. Non tire co resto desa operación persoal. Algo poderemos facer co que sobre. Xa vera como atopamos algo. Non se preocupe. Profundice. E non se esqueza: Volva vostede mañán.
Moitos non volven. Nen mañán nen o dia seguinte. Teñen medo de non ser quen de facelo ben. Que o mestre os abronque. Que o resto da clase se ria de un. Sentir as meixelas quentes e vermellas. Vergoña suorosa.
Hai outros mundos, pero non e facil conquerir o boleto. O revisor para a tódolos viaxeiros, miraos de arriba a baixo, cun sorriso cínico. Ti podes pasar. Ti non. Todos calan e achantan coa testa baixa. Algúns fan trasbordo e perdense para sempre en extrañas estacións onde vixiantes silenciosos nen os miran. Non son quen de preguntar pola saida e ali sentan en banquiños oxidados e agardan. O cartel que indica a saida fai tempo que se borrou. Bastaría con limpar o lixo que o cubre para ver o que esta escrito nel, pero todos prefiren quedar sentadiños coma nenos bos que agardan a nai a saida do colexio. Verde musgo remata cubrindo os seus corpos. Quedan cos ollos vidrosos fitando cara o chan, en soidade.





No seu metro cúbico, os honrados cidadáns conviven co seu silencio. Agarran un fio que se desfarrapou da sua roupa e, pouco a pouco, van tirando a modo del, para non rompelo. Co tempo acaban desfacendo a roupa toda e so queda unha morea de fio os seus pes. Fitan tristeiros coma co tempo se lles enche de po e frio a pel nua. Olvidaron que fan ali, e de todolos xeitos, tampouco hai demasiado que facer, asi que, en tranquila oración, convirtense en estatuas de xeo.
Os integrantes dun clube segredo deciden a incorporación de novos membros. Os fundadores xa van vellos, e os seus os ollos cansos xa non atinan a ler o libro sagrado que os manten unidos. Ninguén se fia xa dos novos membros que pretenden formar parte da institución, e tras deliberar durante meses e anos, non dan atopado solución o seu final. Acabaran con barolo nas entrañas, e non lles preocupa tanto coma para cambiar de posición ou abrir as fiestras e ventilar o recinto. Co paso do tempo cheira tan mal que xa ninguén quere acercarse por ali. Alguén tomara o relevo cando nin un so dos membros orixinais teña xa un último alento. Derrubara o vello edificio, xuntara xente nova e agardaran, paseniñamente, a criar eles mesmos, novo barolo.
Un exercito de homes invisibles levan armaduras oxidadas que aprisionan os seus corpos inexistentes. Camiñan o longo do mundo extendendo enfermedades descoñecidas, das que eles, algún dia, foron victimas sen cura.
Altos edificios de metal alumean polo dia e pola noite as conciencias das formigas-cidadáns que non atopan descanso nen sombra onde folgar. Buscan acobillos blandos e silentes onde botar un sono reparador, pero so atopan ruas mortas sen saida, caleixóns con altos muros que impiden mirar o que se atopa do outro lado, portais pechados, fiestras tapadas.
Enormes ringleiras de números con decimais circulan por autopistas negras, a través de moreas de papel e linguas secas. Representan homes e sentimentos. Asignanse por obrigación dixitos ben lexibles a cada cidadán e a cada parte interior, fisica ou mental, deses cidadáns. Algúns números tatuanse nas costas, e os homes que os levan teñen que pedir axuda a cada rato os seus conxéneres para que lles miren o número adecuado a cada situación, cando asi o requira o sistema. Códigos de barras gravados a lume ou escarificados no corpo serven os cidadáns para saber que son individuos clasificados e catalogados, e polo tanto, son propiedades. O mercadeo de humanos atrae espectadores desnaturalizados que agardan a chegada das feiras de homes, mulleres e nenos. Adquirense lotes individuais ou completos. Temos tamen o tamaño familiar, non se preocupen. Hai de todo e para tódolos gustos. Seguro que xa veu vostede algo que lle gustou. Se pode pagalo, e seu. Asi de sinxelo. Envolvemos-lle as adquisicións nun belido envoltorio plateado. E non se esqueza de voltar outro dia. Ata loguiño.
Os animais non humanos fan ruidos xordos, e, agochados en esquinas e baixo a superficie, emiten queixumes que pasan desapercibidos para os sentidos insensibilizados. Non se rebelan contra a sua natureza, por que non hai rebelión posible, nin motivos para tal. Na escuridade organizan reunións nas que se xuntan vexetais que producen sen parar humus e mais humus. Emiten vapores invisibles que invitarían a soñar se alguen poidese conservar a capacidade de respirar gratuitamente, sen vixiancia constante.
Paseniñamente chegan polo aire, disimuladamente, as risas de nenos ainda non corrompidos polo espiritu de occidente. No medio, algunha gargallada entolecida dalgun adulto o que xa nada lle importa, acompaña o vento.




Milleiros de palabras cheas de desinformación atravesan cada dia os sesos dos tranquilos humanos-receptores. Non hai posibilidade de emisión individualizada. E unha corrente unidireccional, e o prezo por cambiar esta situación e demasiado elevado, demasiadas cousas que sacrificar. Non nos interesa, berra a maioría, que mira tranquilamente cara outro lado, mentres agardan a nova emisión de anuncios e ofertas valeiras, nas que, desnortados, tratan de capturar unha razon para xustificar a sua existencia.
Grandes orquestas tocan unha e outra vez a mesma tonada. Todo o mundo xa coñece a melodía, pero seguiran baillando cos ollos en branco toda a noite. Non queren notas novas, por que terían que aprender novos pasos de baile, e iso si que non o podemos permitir, señores. Faremos o que sexa. Pediremos os músicos que toquen cada vez mais alto e forte. Mesmo podemos obrigalos a que toquen ainda mais rápido. Pero non. Tocar cancións ainda descoñecidas, iso si que non o podemos permitir, amigos. E polo ben da maioría, dos honrosos cidadáns. E por que o dicimos nos e punto, que para algo contratamos os músicos e escribimos a partitura. E acabouse. Non queremos oir notas discordantes.
Cos petos cheos de terra camiñamos, case arrastras, na busca da saida do sol. O frio da noite, a pel rabuñada, os osos cansos, os dedos apretados, as veas tensas, os ollos duros, a lingua seca, o pelo revolto, os dentes amarelos, as uñas, coma os petos, cheas de terra. Miramonos con tristura, coa ollada volta cara o soño, despedindonos ate o solpor seguinte. As mans lentas esbozan un lento ‘ata logo’ removendose no aire fresco. Non mirar atrás e o noso segredo.
Casas valeiras de portas apolilladas, fiestras rotas, metais oxidados, vidros en anacos polo chan e pinturas de cores gastadas decoran o barrio. Poucos se animan a pasear por paraxes tan suxerentes, tan cargados de significado, tan metáforas de metáforas. Os veciños do barrio asoman de entre as tebras para cravar miradas de pedra os paseantes, que prefiren ignorar ou, cun asubio, disimular a incómoda presencia dos veciños vixiantes. Caras vellas con enrugas ainda mais vellas seguirán ocultas nas esquinas, expectantes, agardando o dia en que o barrio enteiro se veña abaixo, ou, alomenos, o sol chegue a rachar as sombras, e derrube enrugas e derrube tempo.
As gaiolas da feira de cegos estan cheas de homes e mulleres e nenos coas cuncas dos ollos valeiras, que asoman as mans a traves dos barrotes, rozando o aire, tratando de captar un pouco da realidade que ala fora intuen. Escoitan voces en tódolos idiomas dia e noite, e os mais afortunados conseguen, de cando en vez, rozar cousas que se moven mais alo do frio metal das suas celas. Forman consellos de sabios e tratan de desvelar o mundo que os rodea e que non poden atrapar mais que a ratos, neses pequenos momentos de tacto invisible ou de melodía que se leva o vento.
Habitacións de hospitais, repletas de enfermos afectados de doenzas obrigatorias, rezuman cheiros a desinfectantes e podredume. Os médicos fai tempo abandoaron os seus traballos e deberes, tomaron todalas menciñas e remedios, e vagan ataviados con batas brancas descoloridas polos corredores, berrandolle as paredes números de pacientes e nomes de afeccións descoñecidas. Saben que a única enfermidade mortal e a vida e, perdida toda esperanza de atopar remedio, abandoanse, sen remorsos, a amnesia e a tolemia.
Nalgun deserto, ou cecais en todos, os esqueletos de animais menos fortes que o propio deserto, agardan a se transformar en area e aumentar a extensión das terras áridas e sen vida. Un dia caerán augas do ceo, pero nada haberá que as agarde, e lles rinda tributo e oración.


Os escritos das paredes aparecen agora gastados. A pintura desfixose co tempo e a humidade, e persoas perdidas tratan de atopar significado nas manchas que ven. Buscan axuda en sabios traductores e filólogos das linguas mortas, que tampouco dan atopado sentido os borróns escuros que adornan os altos muros. Devanan os sesos e fan conxeturas, establecen concilios e organizan conferencias sobre o tema dos signos pintados, sen decatarse que para todo hai un tempo e un lugar, e que as cousas cambian e o tempo-chuvia arrastra tras de si, inevitablemente, palabras e ideas e homes e intencións.
As prostitutas non atopan clientela. O clima nervioso dos tempos novos conxela en solida tensión o esperma nos testículos e os azos de bicos e agarimos. Polas ruas mais agochadas so circula o medo e os resortes metálicos da inquedanza. Ninguén quere contacto, so esquecemento e mirar nubes no ceo na busca de prediccións e augurios, a espera de lonxanas brisas quentes, que traeran acougo e doce sabor de boca.
No profundo da selva, os susurros nocturnos son interrumpidos por maquinas destructoras. Os animais pequenos agochanse baixo terra e nos ocos das altas arbores. Os mais grandes rindense o presente, e os paxaros voaran centos de kilómetros para fuxir do fume e do metal. Pronto so habera silencio e cinzas e sementes que non agromaran.
Nais sobreprotectoras crian, entre algodóns perfumados, futuros fillos ionquis de amor e suavidades, que percorreran, xa de adultos, ruas infestadas de agarimosos cheiros na búsqueda do tacto lene do pasado.
Sinto a punzada certeira das lembranzas que máquinas desclasificadoras do futuro esnaquizarán entre cruxidos mecánicos, o amparo de gobernos totalitarios que buscan coma fin ultimo o esquecemento global de soños ou desexos.
Os cans amosan dentes afiados e amarelos o tempo que ouvean o aire mentres sinten ameazas incorporeas vaporosas que fluen en tódalas direccións. A violencia deixa rastros de medo e vergoña por todas partes.
Intercambio de información clandestina en urinarios de estacións de trens abandoadas. Mensaxes segredos entregados en casas vellas a informantes desmemoriados por espias que non lembran o santo e seña. Informacións valiosas que se perden cada segundo en circuitos mal conectados. Cerebros electrónicos que estouran ante as emocións puras. Laboratorios que destilan espiritus en tubos de ensaio para lograr almas corruptas. Cientificos cansos que se excitan con mulleres fermosas. Mestres que con sangue obrigan a entrar a letra. Vixiantes que non teñen quen os vixie espian a individuos e inventan inimigos. Presidentes de empresas especializadas en producir placebos. Mercenarios todos de corporacións ocultas tan carentes de base sólida coma as nubes ou o vento.
Polas ruas da cidade toda podese percibir a peste ácida que se desprende das vísceras podres dos animais sacrificados o deus do estómago. Corpos de toda clase de bestas estan tumbados panza arriba, co ventre rachado, asomando tripas e sangue coagulada, cubertos de moscas que reproducen melodías que non son quen de lembrar. Os mercaderes de carne animal berran dende os seus postos, coitelo en man, as ofertas do dia.
Borralleiros cheos de colillas perfuman despachos repletos de detidos en operacións policiais irregulares. Todos tremen de desconcerto agardando a sentencia por crimes ainda non lexislados. Torturadores enmascarados obteñen confesións falsas a través de tecnicas psicolóxicas vergoñantes.
Centos de milleiros de explosións son anunciadas a viva voz dende outas atalaias por homes sen mais roupa que o medo e a rabia. O eco dos berros extendese polos órganos internos de nenos ainda no útero da nai que se removen inquedos no liquido amniótico.
Cópulas estériles amamantan o desexo intermitente de cidadáns confusos e incorporeos que tratan de atopar ledicias soterradas no profundo do seu soto interior descomposto.O falso teito das casas agocha unha morea de obxetos, cheos de po, cubertos de tempo, musgo e teas de araña, que os donos esqueceron fai tempo, e que agora morden as uñas, anguriados, sen saber que as lembranzas seguen a querer romper a pel do pasado.

MUNDO SIMIO

O irmán Grumpf, O Sabio, aparece ante os seus acólitos, con toda a solemnidade que o caracteriza. Coloca as suas luvas metálicas (especialmente deseñadas para deformar e inutilizar os seus pulgares opoñibles) e tódolos alí presentes fan o mesmo ó unísono, creando unha melodía en miniatura co son mecánico das torcas e o leve cruxir dalgúns osos das mans. Agora extrae do interior dun pequeno receptáculo unha xeringa cun composto especial de hormonas que provocarán no organismo o crecemento anómalo de pelo por todo o corpo. Mentres se inxecta, os seus seguidores proceden do mesmo xeito. Unha vez que todos están preparados para a ceremonia, sentanse no chan e concentranse en escoitar o que o mestre ten que dicir:

- Irmans simios… Fumos castigados nesta vida… Fumos nados na mais mísera das condicións para unha existencia… ¡Nacemos coma humans! Mais non desesperedes… Ainda hai esperanza para algúns… Todos os que estades aquí sodes conscientes do que significa ser humán: o humán esta condeado a corrupción moral e espiritual, destrue canto pode sen importarlle nada... ¡Pero esta absurda natureza que en desgracia nos tocou por nacemento pode e debe ser cambiada! ¡ Hoxe reunimonos aquí para continuar co noso camiño cara a liberación!

Tódolos alí presentes berran e ouvean coma unha soa voz:

- UNG; UNG; UNG!!

- ¡Algún día, cada vez mais cercano, veremonos ceibes da nosa penosa situación, algún dia, non moi lonxano, poderemos abandoar as cadeas que nos atan a nosa humanidade e contemplar un novo mencer creado por e para nos, algún dia, digovos, e podo sentilo nos meus osos e nos meus dentes, estaremos todos xuntos no paraíso que nos teremos ganado!!

- UNG, UNG, UNG!!

- Pero deixade que agora lea para vos unhas pasaxes do noso libro sagrado, o cal, unha vez alcancemos o nosos obxetivo, isto é, poñer fin a nosa triste humanidade, deberá ser destruido, pois na nosa nova condición non necesitaremos endexamais as palabras, vil instrumento creado polo home… Pero mentres ese momento chega, escoitade irmáns, escoitade…

Con grande ceremoniosidade aclara a gorxa, e lee en voz forte e clara:

- “Do simio procedemos e ó simio debemos regresar. O humán atopou no seu camiño o grande pecado: a conciencia. Fonte de toda perversidade, traición e ignominia. Pero o tempo do humán esta chegando a sua fin. É o momento de voltar o fogar, de retornar a nosa orixe natural. A sabia e benevolente nai natura agardanos cos brazos ben abertos, desexosa de recuperar os seus amados fillos perdidos no desviado camiño da evolución. A conciencia debe morrer, para regresar o estado de contemplación pura, con que a natureza, filla do cosmos, obsequia as suas criaturas, para que, ceibes e inocentes, disfruten da creación que os rodea…”





Paseniñamente, pecha o libro, respira profundamente, mira con tenrura os presentes e continua co seu discurso:

- Algúns non levades moito tempo entre nos. Podo ver que a algún non lle deu crecido pelo suficiente como para empezar a deixar atrás o aspecto humán. Pero estades aquí e cada vez somos mais… Pronto non haberá forma de deternos, non haberan armas nen represión capaces de deter o noso camino cara a perfección. Xa existen algunas colonias nas partes mais alonxadas da lixosa civilización. No mais profundo da fraga estase a xestar un novo mundo onde comezar a vivir de verdade, ceibes e salvaxes, sen conciencia, sen pecado nen culpa… Os nosos mellores compañeiros loitan día a día contra as noxentas organizacións humanas que intentan acabar con nos. A repoboación de arbores e o aumento da vexetación mais alén da fronteira é xa unha realidade. ¡Axiña teremos un fogar onde correr, berrar e saltar!!

- UNG, UNG, UNG!!

- Agora debemos separarnos irmáns, corremos perigo en cada momento. A situación e complicada e a loita final achegase. Debedes permanecer firmes, fortes e esperanzados ate que poidamos sair a luz nunha nova existencia, un novo xeito de vivir. Mentres tanto, mantedevos ocultos. Utilizade as palabras o menos posible, pois arraigaría ainda mais na vosa alma ainda corrupta o xermolo maligno da conciencia homínida. Sobrevivide co mínimo, e tratade de manter as vosas mentes en branco, esquecede o que sodes, e meditade sobre o que seredes. O espíritu da simiedade entrará en vos pouco a pouco, ate o día da liberación. Agora ide en paz ate a próxima xuntanza. Permanecede alerta, rexenerade toda a natureza que poidades para construir o noso novo mundo, e sobrevivide amigos, sobrevivide ate que a razón humana se extinga en vos, e a luz chegue os vosos cerebros de primate. Seguide o voso camiño agora, ate que poidamos estar todos xuntos para sempre. Mundo simio e un soño ainda, pero mais cedo que tarde… ¡Será unha realidade!!

- UNG, UNG, UNG!!!

CIGARRA E FORMIGA AGAIN

Pasaran os anos, pero a formiga e a cigarra seguían a ser compañeiras de hábitat. A cousa non cambiara demasiado. A formiga andaba todo o dia de aca para ala a recoller frangullas de pan e sementes e outras cousas para pasar ben a invernía. Namentres, a cigarra andaba explorando polo campo, ou atrás dalgunha femia que quixera aparearse, ou durmindo no refuxio tan ben feito que el e o seu compañeiro formiga deseñaran. Todavía tiñan na despensa comida do vran anterior, polo cal non se preocupaba demasiado. Non estaba na sua natureza andar a traballar todo o día, asi que vivía relaxado e deixabase levar.
Chegou un novo duro e frio inverno, e para os dous compañeiros foi o momento de voltar a pecharse no seu cubil. Gracias o carácter traballador da formiga tiñan viveres dabondo, e coas herbiñas que colleitara aislaron o refuxio do frio exterior.
Xa dentro, falaron. A cigarra sentiu un arreguizo de culpabilidade o ver a cantidade enorme de comida que a formiga collera, mentres pola contra el non fixera mais que pasear e vivir despreocupado. Asi que dixo:
- Amigo. Despois de tantos anos levando este tipo de vida, sinto un algo de culpa, xa que ti traballas polos dous.
A formiga respostou:
- E certo. Podería traballar menos, e ainda así teriamos comida para os dous. Ou podería traballar so para min e ti terías que busca-la vida noutro lugar. Pero eu non sabería que facer se traballase menos, e no inverno a soidade matariame. Ti tes algo moi valioso que levas compartindo conmigo todos estes anos. Ainda sen decatarte, levas pagando pola comida que eu recollo todo este tempo.
- ¿E como é iso? ¿Qué é o que teño de valioso?- preguntou a cigarra.
- A tua música- respostou a formiga. Eu non podo facer música, pero ti si. Tódolos invernos que pasamos aquí refuxiados son moito mais agradables cando tocas o teu violín. É fermoso o sonido que consegues, e fai que o tempo pase doutra maneira.
Enton, a cigarra puxose cómoda, preparou o seu violín e a música acompañounos o resto do inverno.

REBELDE

O cabaleiro desmontou do cabalo. Cheiraba a días lonxanos de batallas, e sangue reseca, e soidade, e noites cabalgando sen descanso, pensando. Tiña o traxe de coiro rachado, o casco amosaba fendas case mortais e óxidos de chuvias sen refuxio, e a pel chea de marcas e feridas non de todo cicatrizadas. Camiñou con paso canso cara a porta do Castelo. Foi conducido coma un héroe ante o Rei, sentado no seu trono de pelexos animais.
Cando estivo ante o Seu Señor, retirou o casco ferido e quitou a cota de malla, e solicitou falar en privado. O Rei mandou sair os seus gardas e servintes, e ordenou achegarse ó cabaleiro.
- ¿Qué solicitas de min, meu bravo soldado?
- Quero falar con vos con sinceridade, coma nos vellos tempos, cando nenos.
- Si, lembrome dos nosos xogos e aventuras na nosa infancia. Tes o meu permiso para falar libremente, coma vellos amigos que somos.
- Durante anos os nosos camiños discorreron ben distintos. Eu loitei en cen guerras, aprendín a sobrevivir, a matar de muitos modos. A compasión e a humildade non foron as miñas compañeiras. Tampouco a intelixencia. Somentes a forza e a obediencia me guiaron. Agora estou canso e retorno ó fogar. Pero mentres eu loitaba polo reino, ¿Qué fixechedes vos?
- Eu gobernei, mantiven unido o reino, impartín xustiza. Eu din as ordes que vos obedecichedes con grande nobreza e valentía.
- Si. Pero, ¿porque vos gobernades e eu son gobernado? ¿Por qué dicides: “Loitade” e os homes obedecen e loitan?
- Non e bo, nen correcto plantexar ese tipo de cuestión nen pensar nesas cousas. Pero a resposta é que o mundo é así. Cada un representa un papel inamovible determinado dende sempre por unha forza superior ós homes.
- Iso é certo. E agora nos interpretamos un drama eterno e cíclico. Eu son o soldado que se rebela contra a autoridade, e vos representades, coma rei destronado, o triunfo da rebeldía.
E dicindo isto, o cabaleiro desenvainou a sua espada, e a cabeza do rei rodou polo chan, deixando tras de sí un regueiro de sangue escura.

ATAQUE FICCION

E de súpeto, a ficción caiu de pleno sobre a realidade, envolvendoa coma nunha neboa suave e luminosa, e a humanidade toda deixou de facer o que podía ou o que lles era mandado, e comezou a facer o que quixo ou o que lles era grato.

SEN MAIS PREAMBULOS

Benvidos esta noite, meu amable publico. Quixera comezar esta conferencia titulada “O arte da concrecion e a sintese no discurso”, aproveitando para pasar directamente a tratar o tema que nos ocupa, sen entrar en longos prologos que non dan rematado, alonxandonos da tematica que esta noite nos fixo reunirnos aquí. Evitarei pois calqueira tipo de retorica vacua que nos afastaria do tema de debate, ceñindome enton o discurso que traio preparado, tratando de non entrar en circunloquios de pura retorica baleira. Non quixera comezar a extenderme en inacabables presentacions previas, polo cal pasarei directamente a exponer a miña diatriba, sen caer no tan manido acto de engalanar con fermosas verbas unha presentación do acto que nos ocupa esta noite, perdendo un tempo precioso que debo empregar en amosarlles os coñecementos que pretendo transmitirlles. Deixarei de lado toda palabra de mais, non me enredarei en temas anexos, nin en situar o tema clave, que de seguido pasarei a tratar, no seu contexto socio-cultural, pois seria superfluo, xa que o tema comprendese por si mesmo, sen necesidade de que eu agora recapitule unha morea de datos e os presente a modo de introito, non e tempo,digo, de reseñas, pois a conferencia debe ser centrada nesta tan importante tematica, que nos tempos que nos ocupan, cheos de pura palabrería carente de sentido e profundidade significativa, nestes tempos onde a distracción mental colectiva impide centrarse e profundar nun tema concreto, eu esta noite, aquí, quero acabar con este xeito de pensar, de falar, de comunicarse, con esta molesta costume, sempre saindonos do tema, nunca indo directos o que nos atañe. Non vou pois, enmarañarme en lerias previas, nen gastar segundos de mais en extenderme en tan banal debate alleo o centro de discusión que esta noite nos fixo reunirnos aquí, esta noite que nos ofrece tan grande espectáculo natural, baixo este ceo estrelado e a lua lumeante de pura luz branca, semellando esta estampa unha pintura de Van Gogh, e os insectos a pasear aéreos e nocturnos, con pequenos zumbidos que distraen a miña atención e…

METAMORPHO

...abriu os ollos, ergueuse lentamente da cama, puxo os pes nas zapatillas e foi en mediosono cara o baño. Abriu o grifo e deixou correr a auga, agardando a que se quentara un pouco. Comezou a lavar a a cara, e a traves do vapor da auga quente, viu con susto breve algo no espello que non agardaba. O principio non sabia que era. Unha sensacion indefinida ainda, pero evidente, de que algo non estaba ben na sua cara. Fixouse mellor. Os ollos. Sempre foran de cor pardo. Agora amosaban certos tonos azuis. Xulio sentiu un arreguizo. Trataba de mirarse mellor no espello cando a alarma do busca o trouxo de volta a realidade. Decidiu non pensar no que vira. Atribuiu o incidente a cansancio, a stress, a que todavia era pola maña e ainda non estaba esperto de todo, unha breve alucinacion, un efecto optico momentaneo...
Saiu a rua cando rematou de vestirse. Parou no quiosco de todolos dias a comprar o noticiario.
-Sentalle ben ese novo cor de pelo- dixo a quiosqueira.
-¿Que?-respostou confuso Xulio.
-Si. A nova cor do pelo. Onte tiña vostede o pelo mais escuro. ¿Non tinguiu vostede o pelo?
-N...Non...
-Ai! Perdoe, debe ser enton cousa miña. A memoria, xa sabe...

As mans tremianlle un algo. Agarrou a prensa e camiñou cara o traballo. Non queria pensar no incidente coa quiosqueira. Trataba de non mirar o seu reflexo nos escaparates. Camiñaba teso, coa vista fixa cara diante, ata que chegou a oficina. Ali estaba Ramon, o seu compañeiro.

- Bos dias, neno. Remataches o inform...Ostia. Notoche cambiado. ¿Cortaches o pelo?

Xulio quedou parado e mudo. Un suor frio comezaba a cubrirlle a espalda.

-Perdoa, Ramon...te...teño que ir o baño...
- Vai, home, vai. Non te cagues enriba! Hahaha!

Pechou a porta con pestillo. Estaba de espaldas contra o espello. Tiña medo. Non queria mirarse fronte a fronte. Non queria saber que estaba pasando. Enton mirou as mans. De novo un tremor por todo o espinazo. Aquelas non eran as suas mans. Aparecian nelas cicatrices que xulio xamais tivera. Eran mais finas, de dedos mais longos, e pel mais branca.

Agora si. Aquilo era demasiado. Era definitivo. Xulio estaba cambiando. Non lle quedaba outra que xirar a testa e enfrontarse o reflexo no espello. Ainda asi non foi quen de facelo. Descorreu o pestillo e saiu tambaleante e entumecido do baño. Recolleu o seu gaban e o maletin e case a carreira disculpouse con Ramon, pero tiña que irse, xa che contarei, non podo explica-lo agora.

-¿Pero estas ben home? Notote moi raro esta mañan. Estas como...diferente. Pareces outra persoa...

Pero Xulio non o escoitaba. Xa saia case correndo a rua, cos pensamentos enredados. A mente chea de nubeiros grises. Non daba creto o que lle estaba pasando. Non se lle ocurria que podia facer. Decidiu tratar de calmarse. Igual so era cousa dos nervios. Unha mala xogada da cabeza. Pensou en facer a ultima proba e de paso tomar ese cafe que empezaba a necesitar. Dirixiuse cara a cafeteria onde acostumaba parar polas mañas. Sentouse nunha mesa o fondo. O camareiro de todolos dias achegabase a tomarlle o pedido.

- Bos dias. ¿Que vai tomar?
Xulio miraba para el estupefacto. Levaba vindo a esta cafeteria case dous anos. Xa falara moitas veces co camareiro. Non eran amigos, claro. Pero coñecianse dabondo.

- U...un...cafe con leite...por favor...
- Perdoe, pero a sua cara resultame moi familiar, pero...Non quero molestalo, pero e que...E tan extraño. ¿Non e vostede de por aqui? Tal vez un parente dun amigo... Xa lle digo, soame tanto a sua cara...Pero non lembro de que. Perdoe, agora mesmo lle traio o seu cafe.

Cafe desperdiciado, porque Xulio deseguida saiu outra vez a rua. Estaba hiperventilando. A cabeza daballe voltas e o corazon repicaba apresa. Faltaballe o aire. Non sabia que facer, asi que colleu camiño cara o seu apartamento. De supeto cpomezoulle a soar o movil no peto. Colleuno nervioso.

-¿S...si?
- Hola, Xulio. Son Cristina. Tiña que facerche un encargo.
- Di...dime. ¿Que podo facer por ti?
- Xulio, ¿estas ben? ¿Que che pasa na voz?
- Na...nada estou ben. So un pouco canso...
- Pero...tes a voz tan...¿Xulio, eres ti? Non me estaras a gastar unha broma cun compañeiro.
- Non...Son eu...
- Que voz tan extraña...Da medo! Debe ser cousa do telefono. Xulio...¿Xulio?

Xulio cortara a comunicacion. Corria coma un tolo en direccion a sua casa.
Cando chegou abafado, tremianlle as chaves nas mans, tratando de dar coa pechadura. Abriu o portal. Dentro estaba unha veciña. Tivo que subir con ela no ascensor.

-¿A que piso vai vostede?
-O 5º.
-Ah! Debe ser vostede amigo...ou mesmo parente de Xulio Quiroga. Si, ten un aire con el.
-S...Si...
-¿Viu de visita? Un bo rapaz este Xulio. Debe ser vostede o seu primo, ¿non si? Notase que son da familia. Bueno eu baixome aqui. Bos dias.
- B...bos dias...

Cando chegou o 5º, Xulio sentia panico pensando en sair do ascensor e entrar en casa. Pero era absurdo. Ali non podia quedar. Teria que enfrontarse finalmente consigo mesmo. Non habia mais remedio. Sacou as chaves. Abriu a porta. Lentamente, cos musculos tensos e a respiracion entrecortada atravesou o pasillo e foi cara o baño. Acendeu a luz, e cando xirou os ollos para mirar no espello o seu reflexo, un estremecemento de puro medo guindouno forte contra atras, e caiu contra o chan en espasmos.
Agora. no espello, non quedaba reflexo ningun.

sábado, 20 de diciembre de 2008

MELOHAGONOMELOHAGO

...pues al final si que me lo voy a hacer...

DUBITATIVINDECISO

...e que, claro, ou non tan claro, ben pode ser que si, ainda que quen sabe, o caso e que non sei que dicirche, non che digo que non, pero, home, si si, tampouco cho podo dicir porque, a ver, nunca se sabe, ainda que...bueno, o carallo e que...ti disme que diga si si ou si no, e iso non e tan doado. Por un lado ben a gusto dicia que si. Pero claro, xa sabes como e isto, o non, asi de clariño non cho vou dar, ainda que o si tampouco o tes, por que, bueno, unhas veces tal e outras...xa se sabe. A ver, deixamo pensar un momentiño, pero e que...claro, asi de supeto...SI! ou NON!, xa digo, non e facil, foder...e que si agora che digo si, e logo resulta que o penso e é non, pois, ou o reves, en todo caso...como moito afirmar...podoche dicir agora un DEPENDE ben clariño, e mañan se non che convence, falamos de novo e a ver se me decido, ou o mellor...ainda que claro...non sei se...por outra banda...podia ser que...bueno...que o final...que si, que vaias o carallo!

FINAL SORPRESA

...e cando por fin abriu os ollos e recuperou a consciencia, puido lembrar todalas extrañas aventuras e inexplicables acontecementos que tivera vivido durante aqueles dias incertos, antes da escuridade. Agora, outra vez esperto, comezaba a comprender a verdade. Si, el estaba perdendo a vida, mentres estaba atrapado nun soño alucinoxeno, provocado por unha droga experimental que permitia, ademais, a apertura de portais interdimensionais, descubrindo a verdadeira natureza extraterrestre e de viaxeiro espacio-temporal do noso moribundo protagonista, o cal en realidade, estaba encerrado nun manicomio, presa dos delirios esquizofrenicos, que non lle deixaban comprender a autentica e aterradora verdade, que el era o pantasma que o atemorizaba e que en realidade xa estaba morto, enton o doutor deu por rematada a operacion de lobotomia, retirou o instrumental e o pedaciño de lobulo frontal, e mirou cara o paciente, e cando por fin abriu os ollos e recuperou a consciencia...

SAN BONICLETO 2º PARTE

Xa convertido en monxe conciliatorio, e tras pasar polo Conciliabulum, e superar as probas segredas que dan acceso o seguinte nivel monacal, sinte un arrebato divino que o impulsa a embarcarse nunha peregrinaxe milagreira primeiro e en batalla feroz logo.
"...et de novo apareciosele Deus e diole grande escalofrio la epifania, e supo lo que luego hubiere de facer, et aquesto era milagrear et aluego batallar por el sacro nomine de Deus..."

Cando o autor do texto fala de milagrear estase referindo o acto de levar a palabra sagrada e convencer os ointes con miragres, pero sempre peregrinando. Teñense recollido na mitoloxia popular referencias a certos miragres atribuidos a San Bonicleto, tales como a conversion de carneiro en porco, a curacion instantanea de melopeas indecorosas e puxo fin a praga de uñeiros. Sempre camiñando, predicando. Temos algun exemplo destas predicas no documento:

"...et falaba ansi el Santo: Apareciosele un gran de faba a un ganadero, mas no supo que facer con tal, pues no era la su ocupacion. Ansi, ansi siente a Dios el antifiel, como ganadero en confusionem..."

Tras longos anos de difundir a verba divina, e tras gañalo aprecio dos fieis, parece que foi requerido na longa batalla de Strolm, contra os exercitos da etnia coñecida historicamente como Tribus dos Paus, por orde do seu señor o Rey Welftrams, para que coa sua miragreria pusexe fin os ataques que dende fai tempo sufrian. Relata asi o texto:

"...fieros mandobles asestaba aqueste santo, como el mas bravo guerrero, et non manaba sangre de las feridas de los suios enemigos, que por milagre, curaban al instante, e arrodillabanse ant el santo y ofreciansele. Et con dragones diablos huboselas de ver, et tambien deste periplo revelose salvo, pues divino poder habia sob el..."

A imaxinacion do pobo segue atribuindolle grandes obras e miragres, e posue moitos devotos. O texto, incompleto, non nos fala do fin deste personaxe. Pero estudios recentes atribuen uns manuscritos aparecidos no manicomio dun mosteiro do condado de Menx o puño e letra do mesmo San Bonicleto. Neles falase insistentemente da fin do mundo provocada por unha chuvia de anacos de carne solida a que lles crecen dentes de besta cando tocan o chan. Habera que agardar a que investigacions futuras cheguen a descifrar o misterio do final de San Bonicleto: ¿santo profeta ou vello tolo?
Continuaremos investigando.

SAN BONICLETO 1º PARTE

"Et quando San Bonicleto de Agnastakrrh..." Xa no comezo do documento, unico no mundo e de incalculable valor historico, que nos remite a vida e miragres de San Bonicleto, é cando se menciona a sua orixe no lugar de Agnastakrrh, puidendo situarse case sen dubidas no condado de Menx, nin os mesmos filologos se poñen de acordo sobre a sua pronuncia: alguns falan dunha invisible u entre o ultimo r e o h, conferindolle asi unha sonoridade emparentable foneticamente coa zona norte de antigo Reino de Ixarth, asumindo, por ende, o parentesco deste futuro santo coas etnias norteñas dos antigos wlumpf, e non coma un descendente de familias do sur, como a historiografia mais clasica viña asumindo.
Continuemos co parrafo inicial desta obra escrita por un abate, cuio nome descoñecemos, pertencente a orde dos arribullertinos, famosos pola pequena revolta de Arribullert, na zona este, cando a escaseza de pan de nabiza provocou conflictos entre os nobles e os monxes, que adoptaron dende a sua victoria, a cal so durou dous dias, o nome da nova orde e o seu lema: Panem et brassica napus, o cal ouvean coma lobos na noite do rito da calandraca ceibe.

O parrafo continua asi:
"(Et quando S.B. de Ag.)...tivo la primeira visita divina contaba tan so con cinco meses de xestatio. Por tuttipodere e miracolo de grandesza de diosnuestroseñor, colosele en el utero maternal el sacro sprito et dixole al homunculo que ansi se xestaba: la forsza de mi poder est cum tua anima! et desapareciosele al rapas aun no natcido..."

Podemos apreciar neste parrafo o tan caracteristico momento de anunciacion divina prenatal, asumindo esta aparicion do deus como acto lexitimador da futura santidade do neno ainda non nado. ( Este relato da anunciacion prenatal ten paralelismos en moitas outras culturas. Quizais o caso rexistrado mais curioso sexa o das Illas Gruntsch, onde a un santo local, a anunciacion prenatal produciuselle cando o espiritu do deus se introduciu nos testiculos do futuro pai.)

O documento, o cal esta, desgraciada e irremediablemente, incompleto, prosigue asi:
"...et nascio, et crescio, et continuum..."

Observamos pois, que, como e habitual nos relatos de santos da epoca, a parte relativa a historia persoal ate o momento da asuncion dunha orde e un habito, parece non ser do interese do relatista:

"...et seguio cresciendo, et continuum, et en aquestas cosas, et continuum..."


O xiro inesperado no mito relatado de San Bonicleto chega cando este perdido no bosque ten que facer fronte as bestas da noite so coa sua cabaza musical e os seus rezos:

"...encontrose isolatum en la foresta, rodeado estabase de fieras quimeras, et non contando con otras, comezo a plañir retzos et lamentos al ritmo de su calabazzia..."

Tras este encontro, no cal se mostra o poder divino na sua voz, e espantadas as feras por obra da musica celeste, atopano na fraga un monxe, Felixtio O Ciliciante, o cal o leva o seu mosteiro e lle aprende as normas da comunidade, e finalmente adquire o habito e realiza o Rito da Manchea e convertese en monxe conciliatorio de decimotercer grado.

NATUREZA HUMANA

A busqueda en Google de duas palabras abstractas de grande amplitude sementica e tematica, escritas en ingles por mor da globalizacion e por ampliar o espectro de estudio o aumentar o numero de usuarios, de cara a comprobar cal das duas conta con maiores hipoteticos interesados en tales verbas, deu os seguintes resultados:


Numero de paxinas relacionadas:

- SEX: 750.000.000
- CULTURE: 475.000.000

¿Conclusions do estudio?
A min que me conta!! Saque as suas propias conclusions!!
Que todo o hai que andar a explicar...

ANTIBIOGRAFIA 3º PARTE

As pistas sobre a vida de Ruiberto Difusez perdense tras a sua desaparicion ou abandono do instituto. Pasaran anos de escuridade en torno a sua figura ate que un dato incerto nos leva a un taller de coches no extraradio da rexion de R. Ali, Atxgulf L.P. xefe da seccion de carburadores falanos:

"Claro que si. ¿Como esquecelo? ou mais ben, ¿Como lembra-lo? Traballou aqui uns anos. Si, aqui mesmo. Neste taller. Comigo e un par de mozos mais. Un tipo tranquilo, calado, demasiado cecais...O caso e que... Bueno, o mais que podo lembrar del son duas cousas. Os seus pantalons asomando baixo do coche que naquel momento estivese reparando, e sempre que saia... que curioso...so o lembro saindo, de espaldas, sempre co seu traxe limpio. Como e a memoria eh? ¿Creerame se lle digo que en todolos anos que traballou aqui, agora que non esta, non dou lembrado a sua cara...?"

Seguimos logo a ultima pista fiable, que nos leva a cidade que aparece na fotografia do periodico, onde supostamente quedou atrapado na instantanea o noso esquivo persoaxe.
Amosamoslle a instantanea a Ljubnad X.V. que inmediatamente recoñece a escea:

" Estas son as festas de fai tres anos. Coma veciña desta pequena cidade e limpiadora do templo durante tanto tempo, teño na mente todalas festas de todolos anos. Son unha alegria. Xuntamonos todolos veciños e desfilamos na cabalgata. Sei que esta foto e de fai tres anos porque aparecen os estandartes que deseñamos para aquela ocasion."

A sua leda actitude cambia e tornase nerviosismo cando lle sinalo o home solitario no fondo da fotografia e lle pregunto se o recoñece.

"Non. Non miro ningun home onde vostede me sinala. A fotografia esta borrosa nesa parte. Sexa quen sexa non debe ser un bo home. Camiña na direccion contraria a cabalgata. ¿Quen faria algo asi?"

Dias despois de ter buscado testemuñas entre os veciños, moitos se mostran recelosos cando se lles pregunta polo home fora do grupo, o noso suposto Sr. Difusez. Neganse a falar ou respostan con evasivas. Unha muller maior, falanos a tarde anterior a nosa partida da cidade, sentenciando unha sorte de enigmatica ameaza:

"Non e bo preguntar por xente que non se coñece."

O dia seguinte collemos o coche, coas esperanzas perdidas de recabar mais datos sobre un persoaxe tan fuxidio coma o noso Ruiberto, dispostos a dar por finalizada a nosa investigacion.

Mentres nos alonxamos do lugar pasamos xunta o cementerio. Algo chama a nosa atencion e paramos o coche. Entramos no camposanto. No medio de todalas tumbas unha reluce por si mesma. Branca e sen escrituras, excepto unha fecha que remite a tres anos atras. Propietario: descoñecido.

ANTIBIOGRAFIA 2º PARTE

Sabemos con certo grado de certeza que Ruiberto Difusez abandona o colexio con trece anos.
Dos cinco documentos graficos que posuimos sobre este suxeito, catro son fotografias ou de mala calidade ou desenfocadas, e o quinto, un recorte dun periodico local no que aparentemente, entre unha cabalgata festiva, aparece un home camiñando so pola outra aceira, fora de cadro, e que semella ser o noso home.
A primeira destas fotografias, cedida por un informante anonimo, amosanos nun papel fotografico cunha patina grisacea, un primeiro plano de perfil fuxitivo dun mozo duns trece anos. Semella ser un Ruiberto adolescente, o que se lle pode vislumbrar de esguello un beizo cun bigotiño incipiente e acne abondoso.
Ainda que non se mencionara ate o de agora, ha de supoñer o lector que a familia do Sr.Difusez esta ilocalizable. ¿Mortos? ¿Desaparecidos? ¿Fuxitivos? Nada se sabe. Tan escura e a sua historia coma a do propio Ruiberto.
Pero prosigamos cos datos cos que contamos para esta etapa da sua vida, que de seguro debeu marcar o seu futuro. Demos paso, pois, as palabras do que foi o seu veciño no vran en que Ruiberto pasou uns meses na localidade de Q. cando contaba con 14 anos:

"Si. Erache un tipo ben raro. Xa che digo que non o tiven mirado fora da casa mais cun par de veces, e sempre de lonxe. Vivia o lado dunha rapaciña que, buff! como estaba...ai! os tempos son pasados...pero si, indo o conto, erache un neno...como che diria...moi sui generis, como din agora...
Unha vez, bueno, tal vez mais dun par, por curiosidade, nada malo, espieino con prismaticos dende a miña fiestra. Nunca o puiden ollar ben. Case sempre estaba a oscuras na habitacion. Sen moverse. Sempre asi. O que eu che dicia, un rapaz raro, ben raro...seguro que nin se masturbaba..."

Outra testemuña, neste caso dunha rapaza que compartiu clase no instituto con R.Difusez, que nos deixa dito o seguinte:

"Sempre se sentaba atras de todo. Na ultima silla, e sempre chegaba o ultimo e saia o primeiro, e sempre pola porta de atras, asi que en realidade nunca se deixaba ver demasiado. A min gustabame, ou a idea que tiña de el. Sempre tan misterioso, tan fugaz. Se trataba de seguilo polos pasillos, sempre me deixaba atras esvaecendose tras calqueira recuncho..."

Sabemos grazas as palabras que nos concedeu o director do centro que Ruiberto abandonou o instituto sen ter rematado todolos cursos. Explicase asi:

"Sempre foi un estudiante...bueno...alomenos un alumno moi tranquilo, pouco conflictivo. ¿Sabe cantas chamadas a orde recibiu? Ningunha. De feito nunca apareceu polo meu despacho. Iso e bo, xa que xa sei que cando veñen polo meu despacho non e por nada bo. E mais, alguns veñen todalas semanas. O caso e que este rapaz, o tal Difusez...Bueno, o certo e que eu nunca o din mirado, digamos, en directo. Sei da sua historia polo que me contaron os seus profesores. Un dia, de supeto desapareceu. Deixou de vir o instituto. O curioso do caso e que nin os mesmos profesores que lle daban clase se poñen de acordo en cando sucedeu isto. A maioria coinciden en dicir que ter a Ruiberto na clase era coma ter unha pantasma. Estaba e... non estaba, non sei se me explico. O caso e que un dia, pouco a pouco todos se deron conta de que alguen faltaba. Notaron, coma explicou o seu profesor de matematicas, o efecto do membro pantasma, xa sabe, como a xente que perdeu un brazo, pero seguelle a picar a man...Ese dia, por seguir coa metafora, deixaron de sentir o picor na man que faltaba...O asunto e que marchou do instituto sen dicir nada, sen explicarse, ninguen respondia no seu telefono, o correo que lle enviamos acumulabase nunha casa valeira como se puido comprobar tempo despois. Si marchou do instituto...desapareceu...e non voltou nunca..."

ANTIBIOGRAFIA 1º PARTE

Sobre a vida de Ruiberto Difusez pouco podemos dicir con certeza.
Acaso naceu, coma os demais mortais, do ventre dunha nai.
Como dato anecdotico sobre os seus primeiros anos podemos dicir que, sendo bebe, e segundo rumores non de todo ben acreditados, parece ser que facia as suas necesidades intimas sobre si mesmo, protexido, o parecer, por uns obxetos os que o comun da plebe coñece coma pañais. Destaca desta primeira epoca a sua total falta de lembranzas, co que as xa de por si grandes lagoas que se nos presentan sobre o discorrer vital de tan grande descoñecido, tornanse oceanos de ignorancia acerca das actividades que este suxeito debeu realizar entre os 0 e os 3 anos. Se foron grandes aventuras ou traxicos melodramas os que este neno viviu, nunca, por falta de testemuños validos, o poderemos saber.

Superando sen resultado de morte a sua primeira infancia, inicia o seu periodo escolar.
Atopamos na nosa investigacion sobre este home, un testigo que afirmou lembrar ser compañeiro de clase, os 4 anos, do Sr. Difusez. Este e un extracto da entrevista realizada a Francisco L.M.:
"Eu era moi pequeno e xa se sabe, coa idade, a memoria... Pero lembro a Ruiberto. Sempre parecia non estar. Era...dificil de ver...non sei como explicalo. Lembro a profesora chamandonos pola lista. Cando chegaba a D e chamaba por Ruiberto, este sempre respostaba, pero en realidade a sua voz soaba, bueno, coma un ventiño frio que se mete en remuiño por un caleixon pechado e estreito, dicia, presente!, pero tan baixiño e con ese efecto de corrente de aire que se esvaece, que, bueno. Non lembro ter xogado con el, nunca..."

Deixa atras a escola infantil e entra no colexio sen que ningun feito destacado aconteza na sua vida, ou alomenos non nos queda constancia de tal. Ali falamos, despois de moitos anos, co que foi o seu tutor entre os 7 e os 9 anos. Wulgo H. X. quen nos revela o seguinte:
"E curioso que me falen daquel neno. Queren saber algo extraño. O seu expediente neste colexio esta desaparecido. Si. E non e algo habitual. De feito, nos 75 anos que este colexio leva funcionando, so desapareceron tres expedientes. Dous foron atopados, anos despois de estar perdidos por unha mala catalogacion. Pero o expediente de Ruiberto segue, bueno... desaparecido. Pero o mais curioso e que alguns profesores, non todos, pero alguns dos que lles deron clase, non lembran o neno. Comprende. Non temos o expediente, e alguns non lembran a Ruiberto Difusez. ¿Onde esta o seu expediente? Facemos revision cada ano, todo se ordena e coloca no seu lugar correcto, pero dende que Ruiberto deixou este colexio non volveu aparecer o mais minimo rastro documental do seu paso por aqui. O certo e que, a unica vez que estivo na miña tutoria, so no-los dous, creo recordar que non dixo unha soa palabra. Eu dinlle o clasico discurso de tutor, pero, a verdade, despois desa vez, pasaba tan desapercibido na clase, que...de feito xa case non lembro a sua cara..."

RELAX

...
-¡Ostia! Non hai quen ature este barullo.
- ¡Pero meu amor...!
- Foder, e que e insoportable. Non sei como o das feito, pero a min ponme dos nervios. Tanta...tanta escandaleira. E inaturable. Non me deixa concentrarme. Parece que estan por me estourar os oidos, sinto coma se me desfan os timpanos con ese...ese...ruido...
- Pero eu pensei que te axudaria a relaxarte...
- ¡Pois xa viches que non! Estanme a volver tola todos eses...sons sen sentido... Ponme mala dos nervios...
- Pero cariño, escoita un pouco mais, atentamente, deixate levar...
-AAAAH! Apaga dunha vez esa merda. Non podo seguir aturando ese balbordo caotico e confuso...faime rechinar os dentes...¡Apagao xa!

Xandre preme o boton de OFF do CD e o Claro de Luna de Beethoven esmorece de supeto, inconcluso.

Maria queda calada no momento. Sinte como os nervios do corpo todo se lle relaxan. Deixa de apretar as mans en xesto de rabia e sentase na cadeira fonte a fiestra mentres o rictus da faciana torna soñador e tranquilo. Abre as contras e das ruas da cidade suben as musicas mecanicas e efectos de fondo con voces humanas e ouveos de cans. Maquinas de obras publicas, coches nerviosos en atascos, conversas en diferentes tonalidades e brumbrums e trakatrakatrak e piiiipiiips por todas partes. Acordes en fume maior. Ritmos sen ritmo metalico. Multiestereo ruidista.

Maria bota agora un suspiro de tranquilidade.

POR FIN

...
- E agora que? Por fin amainaches un pouco, Manuel. Asi e mellor, ves? Agora podemos falar tranquilamente. Sen berros e sen pelexar, coma sempre. ¿Estas mais tranquilo? Ben. Deixame pousar un momento, que eu tamen estou nervioso. ¡Que tension fai uns intres, ostia! Pero ves, agora todo se tranquilizou. Xa podes escoitar o que che queria dicir sen alporizarte e sen malos modos. Asi, pausados e tranquiliños. ¡Que trifulca fai un momento, carallo!. Non era para tanto, ves... Ben, agora que a cousa rebaixou o dramatismo, vouche explicar a miña version, xa veras que o asunto non era para tanto...

Namentres, o burato de bala na cabeza do Manuel non deixaba de botar sangue...

CHUVIAESCULTURA

...non lle preocupaba a perfeccion. So a beleza. Dende o seu punto de vista, claro.
Tiña preparado o grande bloque de arxila, duas ou tres veces mais grande ca el, asentado no xardin. Apañou as ferramentas de traballo e puxose mans a obra. Arrincou anacos sobrantes, modelou coas mans certas partes, outras traballounas con ferros e grabou simbolos e signos sobre a superficie, antes de pulir a figura, conseguindo un aspecto hiperrealista.
Agora faltaba o aspecto mais importante: o traballo do azar e a natureza sen consciencia artistica.
A escultura estivo varios dias no xardin, sen retocar, agardando a ultima fase do traballo.
Enton chegaron as chuvias. As gotas caian con forza dende o ceo, deformando e transformando o traballo do escultor. O barro mollado escuriase sobre si mesmo distorsionando a forma orixinal, enchendose de pequenas estalactitas de arxila, borrando a vella forma orixinal,creandose de novo.
Cando deixou de chover, o escultor saiu o xardin. Sorria. Sentiase cheo de orgullo.
Agora si estaba acabado o traballo.

MUDANDO MUTISMO

...estaba calado dende fai tanto tempo. Abandoado. Deixado atras. Mudo por obrigacion, por abandono, por soidade. As voces que antes o tiñan levado o extase da fama e a gloria, murchaban agora en rincon escuro, apodrecendo corpo e lembranzas de cantos antigos, de musicas sen retorno. Tanto tempo sen sentir calor humano algun, tanto sen vibrar agarimado por mans ledas, tan silente, sen voz, esvaido...
A porta fixo o clasico cruxido de film de horror, pasos temerosos avanzaban cara el. Escuro e silencioso, agardaba, contendo o alento.
O intruso mirou o seu redor. Ninguen.
Achegouse paseniño, ainda algo nervioso, levantou a tapa de madeira, pousou os dedos non de todo frios, e premeu as teclas.
Os acordes comezaron a soar, enchendo o vello salon valeiro.
O piano, tras tanto tempo, volveu falar...

EIN?

- Xa sabes como e isto.
- ¿Como é?
- Xa o sabes.

AERONOISE

...e rachando a aparente tranquilidade do mediodia, comezaron a retumbar por toda a cidade sons potentes que facian tremer o chan, e abrian fendas nas paredes dos edificios, reventaban as canalizacions de auga, e estouraban os cristais dos escaparates mezclandose cos berros dos transeuntes.
Eu miraba en todalas direccions sen saber de onde proviñan os ecos atronantes, namentres todos corrian de aca para ala, caoticamente, sen direccion definida e cos ollos cheos de tension liquida.
Os zumbidos foron facendose mais e mais fortes, notabaos vibrantes e quentes tra-las miñas costas, cun algo luminescente que crecia en intensidade...
Eu sentiame entumecido do medo que percibia tras de min, achegandose veloz o ruido e as luces dende o aire contra o meu corpo.
E cando a curiosidade lle puido o susto, virei a vista cara atras, cara o ceo, e puiden ver, xa cos ollos abertos, o meu espertador chamandome a un novo dia...

viernes, 19 de diciembre de 2008

MINIMEMORIA REVERSE

...ah, si...este...como era o asunto...eh...
merda!
agora non me lembro do que queria contar!
...ah, si...este...como era o asunto...eh...

domingo, 14 de diciembre de 2008

POLVO DE MARIPOSA

Aparentemente nadie pudo ver el polvo de mariposa en las yemas de los dedos. Ni siquiera el propio niño. Algunas de las pequeñas celulas brillantes que antes cubrían las alas del insecto, flotaban ahora invisibles y volatiles en el aire, y otras se deshacían en los pantalones del niño, donde se limpiaba las manos, ocultando las pruebas del crimen minúsculo.
En el suelo de tierra, la mariposa aleteaba con su maquillaje destrozado.
Al fondo, el niño se alejaba.
El niño seguría caminando.
El niño seguiría creciendo.

REPENTE TRILINGUE ZEN

E de sùpeto, nada...
(ou cecais todo)


Y de repente, nada...
(o puede que todo)


And suddenly, nothing...
(or maybe everything)