domingo, 25 de enero de 2009

MISION FALLIDA

Eu estaba, coma todos, inquedo. Buliamos dun lado a outro, agardando o noso momento, impacientes. No ambiente respirabase emocion, nerviosismo e certa intranquilidade contida. Todos sabiamos porque estabamos ali, pero ainda asi, e a pesar de todo, a mision tiña moitos mais riscos que beneficios. Naceramos para este momento. Era a nosa natureza e o momento mais importante das nosas curtas vidas, pero eu preguntabame por dentro se non haberia outro xeito de face-las cousas, e ainda que era imposible cambiar a nosa situacion, un sempre sinte que pode tentar cambiar o seu destiño. As angustias entrabanme agora que se achegaba a accion final. A medida que notaba que o noso tempo estaba por vir e preparandome para a carreira final pensaba que o mellor muitos dos que estabamos ali, tiñamos dubidas, e ainda asi, nada podiamos facer. As primeiras sinais comezaron a chegar e fumonos preparando e organizando. Era unha carreira de todos contra todos. E so podia haber un vencedor.
De supeto, notamos como con forza, unha marexada succionaba-nos e nos arrastraba por un tunel longo. Eu sentin o panico cando puiden ver o fondo algo que non tiña ollado en toda a miña vida, pero deseguida souben que aquilo non era bo. Todos iamos morrer e non haberia nen sequera un vencedor. A mision seria un fracaso. A medida que me achegaba co resto dos compañeiros o fondo do tunel, mais e mais crecia aquela cousa a que chamaban luz e que, coma nos explicaran dende sempre, era a sinal de que todo fallaba. A escuridade e boa. A luz mata. Tratei de correr cara atras, dar media volta e fuxir daquela luminosidade que crecia e crecia, pero era imposible, milleiros dos meus compañeiros empurraban cara adiante, cara a luz, e a morte achegase xa...

Enton o home colleu un anaco de papel hixienico, limpou as gotas de esperma, e deixouse cair relaxado nun agradable sono post-masturbatorio.

miércoles, 21 de enero de 2009

DUAS CIDADES

O tan natural comportamento contradictorio dos organismos que poboan a rexion Wan da galaxia 7.39 z, amosaneos en todo o seu esplendor no Paramo Sur, onde duas cidades que non poderian ser mais dispares entre elas comparten territorio. Ambas separadas por duas murallas.

Dun lado temos a cidade de Bràvia, tras dunha muralla caotica e perigosa feita a base de amorear aramio de espiño electrificado, ferros punzantes e afiados e cristais rotos cravados na parte superior dun muro de cemento que delimita o entorno da urbe, onde os seus inquedos residentes, os brávios, conviven en medio de freneticas francachelas e un constante aluvion de acontecementos disparatados impulsados polas ideas mais tolas. A sua fisionomia e dabondo peculiar. Todos con aspecto androxino, moi delgados, movense con presteza e axilidade, e poucas veces e posible atopalos nun estado similar o repouso, dando a sensacion de que cando se moven deixan estelas da sua imaxe no aire, do veloz que se axitan, coas vestimentas desfarrapadas e marcas de feridas conseguidas en mil pelexas, consideradas actos nobres e valentes. Estes combates publicos atraen a poboacion e distraen os meniños. Calqueira excusa e boa para comezar unha liorta, e producense todolos dias, en medio de risas e farras e concursos de borracheiras. Non se lles coñece mais lei ca o do mais forte e a de salvese quen poida. Asi que cada cidadan as apaña coma pode. As construccions dos bràvios son feitas con calquer material que atopan a esparcense coma poden nun terreo intramuros que xa case non da de si, o cal fai que cada vez se instalen mais preto e mais apretuxados contra a muralla.

Do outro lado da muralla esta o xardin dos tranquilianos, habitantes da sosegada cidade de Tranquília. O lixo que botan os bràvios o outro lado do seu muro so por molestar os seus veciños, enche os vinte primeiros metros de territorio axardinado. A verdadeira muralla da cidade esta tras pasar ese xardin e atravesar unha densa fraga, tra-la cal se atopa a barreira de forza mental que os tranquilianos proxectan telepaticamente gracias os seus exercicios de relaxacion e concentracion, creando un campo alfa de hastio concentrado que repeleria a calquer brávio que ousase achegarse por ali. Protexidos asi, conviven en harmonia entre eles, compartindo lentos momentos de folganza e tranquilas conversas de tres frases que duran horas. O seu aspecto e de todo tipo, pero predominan as formas vaporosas. As veces un pode estar no fogar dalgun tranquiliano e non decatarse da presencia do anfitrion ate pasadas unhas horas. Idolatran o Silencio en templos-cubiculo de aillamento, onde cada dia se encerran varias horas a meditar, e as suas leis son tan complexas e abarcan cada aspecto da sua vida cotia, que non existe o crime, non so pola sua natureza contraria a calqueira accion que implique consecuencias fisicas, senon tamen porque as leis estan en perpetua renovacion e ampliacion, e non hai modo de atopar un sistema legal xusto e neutral, tal como teñen por utopia os residentes de Tranquília. As suas construccions son xeometricas e ordeadas, feitas en materiais nobres, cada unha coa sua parcela privada, e coidan de respetar o que e de cada cal. Un aviso para os visitantes e turistas que se acheguen por esta cidade: os bostezos son considerados sinais de educacion e intelixencia.

Por ultimo, contar unha lenda que se transmite de avos a netas e de avoas a netos, e que fala dun tempo mitico, no que un brávio decidiu emprender aventuras fora da sua cidade tratando de atopar algo que no seu entorno non conseguia: a calma. Pola contra, na mesma noite sen lua, unha moza tranquiliana deixaba a sua cidade na busca de algo que ali nunca atoparia: a emocion.
Contan que se toparon na fraga tra-lo xardin de Tranquília, e namoraronse o instante. Pero o seu amor estaba perdido. Uns din que el matouna nun ataque de bravura provocado pola parsimonia da muller. Outros din que ela o envenenou para ver si o podia ver quieto algunha vez. Linguas mais romanticas afirman que quedaron a vivir na fraga, e que mesmo chegaron a ter fillos. ¿Quen sabe? Eche un mundo ben extraño, e a ficcion sempre supera a realidade.

domingo, 11 de enero de 2009

¿QUE ME PASA DOUTOR?

-Estou confuso, e asustado, non...non sei que me pasa...doutor...

-Ben...polo que parece ten vostede un grave problema...ehem...e vostede un imbecil, si, un autentico cabron, un fillodeputa, un papaostoias!!

-Pero...pero...doutor! ¡Por que me di esas cousas! ¡Vouno denunciar! ¿Que clase de...? umh...eh...umh...estou...estou confuso...e asustado...¿que...que me pasa doutor...?

-Ben, definitivamente ten vostede un grave problema, un caso extremo de amnesia anterograda...

CUMIO

Por detras das nubes alo enriba podianse observar os altos cumios da montaña. O pe do camiño de ascenso estaban acampados medio cento de monxes e aprendices, que viñeran escoitar o discurso do Gran Sabio, o cal falara con grandes verdades, e dispuñase a iniciar a escalada o alto do pico sagrado, para, coma dixera, atopar a verdadeira senda da iluminacion. Muitos dos presentes sentian medo de realizar tan perigosa excursion, asi que o final so seis dos monxes mais fortes se aventuraron a acompañar o Gran Sabio na sua busqueda, namentres os demais quedarian a rezar os espiritus benevolos para pedirlles proteccion e boa sorte na sua empresa.

Os sete homes partiron na busqueda da verdade ultima ben cedo na mañan, e por recomendacion do Gran Sabio, non levaron viveres, pois coma explicou, a montaña proveeria, e por respeto, deberian deixar atras todo, agas as suas tunica de homes santos. Os seis monxes pensaron que aquilo era demasiado temerario, pero confiaban no criterio do Gran Sabio, e continuaron o ascenso.

Durante os sete dias que durou o ascenso beberon auga de neve, e comeron algunhas prantas e refuxiaronse do frio da noite e das alturas en agochos nas pedras. Todos agas o Gran Sabio que non probou bocado e pasou as noites meditando a intemperie. A medida que ascendian os alimentos eran mais dificiles de topar, e cando chegaron por fin o cumio, o Gran Sabio sentouse e falou:

-Este e o final do camiño. Eu ei quedar aqui, agardando as verdades do mundo que so poden ser respostadas dun xeito. Eu gastei as miñas ultimas forzas en subir ate aqui, e aqui quedarei. E vos, ¿que faredes agora? Queriades coñecer a verdade suprema, ¿non si?

Os seis monxes quedaron calados e aterecidos uns intres mentres por dentro poñian a proba a sua forza e a sua fe na busqueda dos misterios ultimos do mundo.

jueves, 8 de enero de 2009

NON LEMBRO ESPERTAR

- Pois si doutor, asi e o meu caso. Nesta ultima semana pasoume todolos días. Dende o luns. Xa non sabia que facer. Acudin a vostede coma ultima esperanza, por que estou por me voltar tolo. Non podo explicarme porque me pasa isto.

- Ben, asi que polo que me conta, dende hai cinco días non lembra espertarse. Curioso. ¿Poderia relatarme en maior profundidade o seu caso especial?

- Si, moi ben. Vou tratar de facer memoria, o cal non me vai ser difícil, porque levo estes días barallando co asunto, dandolle voltas. A cousa comezou o luns. A sensación viu a miña mente coma un flash. De supeto dinme conta de que estaba esperto. Nese momento dispoñiame a sair da casa cara o traballo. Tiña as chaves nas mans. Asustado, mirei cara atrás. Os restos do almorzo estaban na mesa, e a louza no fregadeiro. Sentin o sabor do café con leite na boca. Era algo intenso e extraño. Sentiame coma se acabase de espertar, pero era imposible, xa que debía levar un rato bo a pe. Fixen memoria. Lembraba meterme onte a noite na cama sentindo coma o sono me invadía, pero non conseguía traer a memoria o momento de espertar pola mañan. Puxenme moi nervioso pola sensación, pero atribuin todo a cansancio. Debía estar tan durmido esa mañan que cando me erguin da cama e preparei o almorzo ainda estaba tan adormilado que o fixen todo en soños. Ou iso quixen pensar eu naquel momento, para restarlle importancia e non poñerme paranoico. Ese dia fixen vida normal. Fun a cama pola noite e debo recoñecer que tiven algo de medo pola que puidese pasar a mañan seguinte. O final quedei durmido, pero cando volvin a consciencia, o susto volveu ainda mais forte, xa que estaba, non na cama coma seria normal, senon no ascensor do edificio onde vivo. Case dou un berro cando “espertei" ali. Esta vez si que me asustei de verdade. ¿Cómo era posible que non lembrase ter espertado e almorzado e vestido e saido da casa? ¿Tan rutinaria era a miña vida que facia todolos actos cotias coma un robot programado ainda sen necesidade de ser consciente ou gardar memoria de facelo?

- ¿E que fixo ese dia? ¿Continuou coa sua vida normal?

- O certo e que non. Estaba tan alterado pola experiencia que retornei o meu apartamento e chamei o traballo escusandome por non poder ir. Tomei algún tranquilizante para relaxarme. O caso e que quedei durmido, e aquí ben o alucinante. ¿Sabe vostede onde espertei? ¡Na porta do edificio onde traballo! Outra vez me pasara tomar concencia moito mais tarde de ter espertado o meu corpo. Estabamos a mercores. Cada vez as miñas lagoas matutinas na memoria eran mais longas. Comenteille o asunto o xefe cando me viu tan alterado. Mandoume a casa a descansar e pediume cita co psiquiatra da empresa. Con vostede vaia. Voltei usar os somníferos ese dia. O xoves “espertei” diante do ordenador do meu despacho. Tremendo fun de novo a falar co xefe. Non entendía o meu caso, pero conseguiu adiantar a cita con vostede. E aquí estou. Tiveron que traerme dende a oficina por que voltei “espertar” ali esta mañan.

- Curiosisimo caso o seu. Unha especie de amnesia moi peculiar. Non lembra vostede nada dos primeiros momentos da mañan e cada dia ese momento en que recupera a sua consciencia producese mais tarde…Non sei a que e debido nin as consecuencias que poderia ter a longo prazo se a evolución da sua peculiar amnesia se prolonga, pero estou moi interesado no seu caso e propoñolle un experimento. Polo que me conta parece que ten unha vida tan rutinaria que pode facer as cousas basicas de todolos dia en base a automatismos sen necesidade de memoria. Gustariame facer unha proba. Quede esta noite aquí, a durmir no diván, nun lugar distinto o habitual, e eu comprometome a vixialo toda a noite, e mañan veremos onde “esperta”…

viernes, 2 de enero de 2009

ESCEAS DE RISCO

Na escea miramos unha persecucion entolecida polas ruas da cidade protagonizada por Weiner Robertstrumpf, afamado actor do xenero de accion, perseguindo a un malencarado delincuente. Agora atopanse no momento da pelexa na ponte. Perigo, emocion. Nestas o noso protagonista cae empurrado polo malandro inimigo. A escea e espectacular. Unha caida limpa dende uns 12 metros grabada con camara fixa nunha sola toma. ¿Como se consegue grabar algo asi?
Falanos Xems Stand, o director do film "Adrenalina Mix", o cal pertencen as imaxes que acabamos de ver:

"Non. Por unha cuestion de etica do espectaculo cinematografico nunca usamos bonecos para sustituir os actores. Perderia credibilidade. E eu como director asociado o grupo dos Ultrarealistas Filmicos, non me podo permitir trucos baratos. Por respeto o espectador. Se no guion se especifica que o protagonista cae dende 12 metros, pois dende esa altura debe caer. Un boneco ou os trucos de montaxe non van co meu estilo. Eu ofrezo realidade en celuloide. Pero claro, neste tipo de accions enfrontamonos o dilema de que poucos actores se prestan a correr riscos nas rodaxes, e esta esa maldita clausula E-17, que compromete os directores a respetar a integridade fisica dos seus actuandos. Asi que algo tiñamos que facer. Necesitabamos dobles. Pero necesitabamos os mellores. No pasado usabanse dobres suicidas para esceas realmente espectaculares. Normalmente o equipo de rodaxe trasladabase a algun rincon perdido no mundo e a cambio de cartos para as familias necesitadas, usaban a persoas para rodar unha escea unica. A ultima escea deses dobres. Eran esceas conmovedoras. Cheas de dramatismo perturbador e emocionante. Conseguian poñer o pelexo de galiña. Logo, claro, volveu a oleada de conservadurismo, e ese tipo de esceas mortais foron ilegalizadas. Na etapa final deste tipo de filmes chegouse a aproveitar o vacio legal existente respecto o asunto, e rodaronse as ultimas esceas de risco maximo con voluntarios, que a cambio de favores economicos para os seus parentes, prestabanse a rodar este tipo de esceas. Cando os suicidas voluntarios foron tamen prohibidos, abriuse o espacio para os enfermos terminais e pacientes que reclamaban a eutanasia, e que querian rematar a sua vida filmados por sempre en 16mm nun instante de absoluta beleza final. Hoxe en dia ninguen practica xa a rodaxe deste tipo de esceas. A lei e forte e as sancions moi duras. Pero eu fun moi afortunado. Din coa miña solucion cando topei a Rui Quercks, o dobre perfecto."


Diriximonos a residencia de R. Quercks, no extraradio da cidade. Unha vez ali vemos unha destartalada caravana nun descampado desolador. Un can atado a unha cadea ouveanos. O propietario sae da caravana embozado nun albornoz de cores gastados. E o señor Rui Quercks que nos invita a pasar. Unha vez dentro contanos parte da sua historia:

"De seguro que alucinaches co meu fogar, ¿non si? Pasalles a todos. Teño cartos dabondo, pero nin me gusta presumir de posesion materiais, nin me sentiria comodo nun palacete. Isto e vida. Sinxela e tranquila. Pouca xente se achega por aqui gracias o aspecto de descampado para ionquis que ten a miña finca. Xa lle digo, non me falta de nada e disfruto do anonimato. Salvo o cu dos famosos actores nas esceas que non se atreven a rodar e cobro un cheque xeneroso. Si, eu participei coma dobre de esceas de risco en centos de filmes. A maioria eran peliculas basura para consumo rapido. As esceas eran pateticas, todas rodadas con trucos. Era todo tan seguro e controlado que non entendo por que me contrataban a min coma dobre para facer algo que o mesmo protagonista poderia facer con total tranquilidade. Pero enton apareceu Xems Stand, o afamado director ultrarealista, e propuxome proxectos mais serios. Cine de verdade rodado sen trucos. Enton si que sentin o cine realmente. Nas suas peliculas, sempre fieis o guion, se habia, por exemplo, unha navallada, a escea era rodada sen maquillaxe nen efectos. De feito a maioria das miñas cicatrices son producto dos films de Stand. Observe esta pequena desviacion no beizo. ¿Viu vostede a pelicula "Metralla 2050"? Seguro que lembra a escea da explosion. Pois daquela arrastro este pequeno defecto. Teño parte das pernas queimadas polas esceas de lume sen traxe ignifugo. Pero vera, xa de pequeno, eu notaba que era bastante mais inmune a dor que a maioria dos rapaces. E mais, dalgun xeito disfrutaba de certo grao de dor. Lembro unha anecdota de pequeno, cando unha vez lle pedin o meu irman que me dese puñadas e me pegase. Comezou a darme golpes e eu ria e pedia mais. O final a cousa acabou nun castigo tremendo que nos puxo a miña nai cando mirou como me deixara a cara o meu irman. Dende aquela non voltei pelexar mais con el, pero no colexio buscaba bronca constantemente e non era dificil apañar unha paliza. Eu disfrutaba da miña dor e faciame mais forte e resistente os golpes. Comecei a experimentar cos saltos dende as alturas. Unha vez saltei de espaldas a unha base de area dende os dez metros de altura. Dous meses de hospital e dous de repouso, pero o subidon e o gozo que sentin nunca se me esquecera. O final aproveitei as miñas cualidades e saqueilles proveito no mundo do espectaculo. Asi que cando na ultima pelicula, Stand me falou da escea da caida de 12 metros dende a ponte, para min foi pan comido. Claro que acabei con mazaduras e algun oso fracturado, pero a escea e perfecta, impactante. Tan real e natural como na vida mesma. Xems Stand e un xenio do cine. Sabe captar a enerxia do mundo a traves das suas imaxes. Penso traballar con el no seu seguinte proxecto, "Ruleta Rusa". De seguro que o ei pasar ben."