domingo, 21 de diciembre de 2008

MUNDO SIMIO

O irmán Grumpf, O Sabio, aparece ante os seus acólitos, con toda a solemnidade que o caracteriza. Coloca as suas luvas metálicas (especialmente deseñadas para deformar e inutilizar os seus pulgares opoñibles) e tódolos alí presentes fan o mesmo ó unísono, creando unha melodía en miniatura co son mecánico das torcas e o leve cruxir dalgúns osos das mans. Agora extrae do interior dun pequeno receptáculo unha xeringa cun composto especial de hormonas que provocarán no organismo o crecemento anómalo de pelo por todo o corpo. Mentres se inxecta, os seus seguidores proceden do mesmo xeito. Unha vez que todos están preparados para a ceremonia, sentanse no chan e concentranse en escoitar o que o mestre ten que dicir:

- Irmans simios… Fumos castigados nesta vida… Fumos nados na mais mísera das condicións para unha existencia… ¡Nacemos coma humans! Mais non desesperedes… Ainda hai esperanza para algúns… Todos os que estades aquí sodes conscientes do que significa ser humán: o humán esta condeado a corrupción moral e espiritual, destrue canto pode sen importarlle nada... ¡Pero esta absurda natureza que en desgracia nos tocou por nacemento pode e debe ser cambiada! ¡ Hoxe reunimonos aquí para continuar co noso camiño cara a liberación!

Tódolos alí presentes berran e ouvean coma unha soa voz:

- UNG; UNG; UNG!!

- ¡Algún día, cada vez mais cercano, veremonos ceibes da nosa penosa situación, algún dia, non moi lonxano, poderemos abandoar as cadeas que nos atan a nosa humanidade e contemplar un novo mencer creado por e para nos, algún dia, digovos, e podo sentilo nos meus osos e nos meus dentes, estaremos todos xuntos no paraíso que nos teremos ganado!!

- UNG, UNG, UNG!!

- Pero deixade que agora lea para vos unhas pasaxes do noso libro sagrado, o cal, unha vez alcancemos o nosos obxetivo, isto é, poñer fin a nosa triste humanidade, deberá ser destruido, pois na nosa nova condición non necesitaremos endexamais as palabras, vil instrumento creado polo home… Pero mentres ese momento chega, escoitade irmáns, escoitade…

Con grande ceremoniosidade aclara a gorxa, e lee en voz forte e clara:

- “Do simio procedemos e ó simio debemos regresar. O humán atopou no seu camiño o grande pecado: a conciencia. Fonte de toda perversidade, traición e ignominia. Pero o tempo do humán esta chegando a sua fin. É o momento de voltar o fogar, de retornar a nosa orixe natural. A sabia e benevolente nai natura agardanos cos brazos ben abertos, desexosa de recuperar os seus amados fillos perdidos no desviado camiño da evolución. A conciencia debe morrer, para regresar o estado de contemplación pura, con que a natureza, filla do cosmos, obsequia as suas criaturas, para que, ceibes e inocentes, disfruten da creación que os rodea…”





Paseniñamente, pecha o libro, respira profundamente, mira con tenrura os presentes e continua co seu discurso:

- Algúns non levades moito tempo entre nos. Podo ver que a algún non lle deu crecido pelo suficiente como para empezar a deixar atrás o aspecto humán. Pero estades aquí e cada vez somos mais… Pronto non haberá forma de deternos, non haberan armas nen represión capaces de deter o noso camino cara a perfección. Xa existen algunas colonias nas partes mais alonxadas da lixosa civilización. No mais profundo da fraga estase a xestar un novo mundo onde comezar a vivir de verdade, ceibes e salvaxes, sen conciencia, sen pecado nen culpa… Os nosos mellores compañeiros loitan día a día contra as noxentas organizacións humanas que intentan acabar con nos. A repoboación de arbores e o aumento da vexetación mais alén da fronteira é xa unha realidade. ¡Axiña teremos un fogar onde correr, berrar e saltar!!

- UNG, UNG, UNG!!

- Agora debemos separarnos irmáns, corremos perigo en cada momento. A situación e complicada e a loita final achegase. Debedes permanecer firmes, fortes e esperanzados ate que poidamos sair a luz nunha nova existencia, un novo xeito de vivir. Mentres tanto, mantedevos ocultos. Utilizade as palabras o menos posible, pois arraigaría ainda mais na vosa alma ainda corrupta o xermolo maligno da conciencia homínida. Sobrevivide co mínimo, e tratade de manter as vosas mentes en branco, esquecede o que sodes, e meditade sobre o que seredes. O espíritu da simiedade entrará en vos pouco a pouco, ate o día da liberación. Agora ide en paz ate a próxima xuntanza. Permanecede alerta, rexenerade toda a natureza que poidades para construir o noso novo mundo, e sobrevivide amigos, sobrevivide ate que a razón humana se extinga en vos, e a luz chegue os vosos cerebros de primate. Seguide o voso camiño agora, ate que poidamos estar todos xuntos para sempre. Mundo simio e un soño ainda, pero mais cedo que tarde… ¡Será unha realidade!!

- UNG, UNG, UNG!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario