sábado, 20 de diciembre de 2008

ANTIBIOGRAFIA 1º PARTE

Sobre a vida de Ruiberto Difusez pouco podemos dicir con certeza.
Acaso naceu, coma os demais mortais, do ventre dunha nai.
Como dato anecdotico sobre os seus primeiros anos podemos dicir que, sendo bebe, e segundo rumores non de todo ben acreditados, parece ser que facia as suas necesidades intimas sobre si mesmo, protexido, o parecer, por uns obxetos os que o comun da plebe coñece coma pañais. Destaca desta primeira epoca a sua total falta de lembranzas, co que as xa de por si grandes lagoas que se nos presentan sobre o discorrer vital de tan grande descoñecido, tornanse oceanos de ignorancia acerca das actividades que este suxeito debeu realizar entre os 0 e os 3 anos. Se foron grandes aventuras ou traxicos melodramas os que este neno viviu, nunca, por falta de testemuños validos, o poderemos saber.

Superando sen resultado de morte a sua primeira infancia, inicia o seu periodo escolar.
Atopamos na nosa investigacion sobre este home, un testigo que afirmou lembrar ser compañeiro de clase, os 4 anos, do Sr. Difusez. Este e un extracto da entrevista realizada a Francisco L.M.:
"Eu era moi pequeno e xa se sabe, coa idade, a memoria... Pero lembro a Ruiberto. Sempre parecia non estar. Era...dificil de ver...non sei como explicalo. Lembro a profesora chamandonos pola lista. Cando chegaba a D e chamaba por Ruiberto, este sempre respostaba, pero en realidade a sua voz soaba, bueno, coma un ventiño frio que se mete en remuiño por un caleixon pechado e estreito, dicia, presente!, pero tan baixiño e con ese efecto de corrente de aire que se esvaece, que, bueno. Non lembro ter xogado con el, nunca..."

Deixa atras a escola infantil e entra no colexio sen que ningun feito destacado aconteza na sua vida, ou alomenos non nos queda constancia de tal. Ali falamos, despois de moitos anos, co que foi o seu tutor entre os 7 e os 9 anos. Wulgo H. X. quen nos revela o seguinte:
"E curioso que me falen daquel neno. Queren saber algo extraño. O seu expediente neste colexio esta desaparecido. Si. E non e algo habitual. De feito, nos 75 anos que este colexio leva funcionando, so desapareceron tres expedientes. Dous foron atopados, anos despois de estar perdidos por unha mala catalogacion. Pero o expediente de Ruiberto segue, bueno... desaparecido. Pero o mais curioso e que alguns profesores, non todos, pero alguns dos que lles deron clase, non lembran o neno. Comprende. Non temos o expediente, e alguns non lembran a Ruiberto Difusez. ¿Onde esta o seu expediente? Facemos revision cada ano, todo se ordena e coloca no seu lugar correcto, pero dende que Ruiberto deixou este colexio non volveu aparecer o mais minimo rastro documental do seu paso por aqui. O certo e que, a unica vez que estivo na miña tutoria, so no-los dous, creo recordar que non dixo unha soa palabra. Eu dinlle o clasico discurso de tutor, pero, a verdade, despois desa vez, pasaba tan desapercibido na clase, que...de feito xa case non lembro a sua cara..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario