domingo, 21 de diciembre de 2008

CIGARRA E FORMIGA AGAIN

Pasaran os anos, pero a formiga e a cigarra seguían a ser compañeiras de hábitat. A cousa non cambiara demasiado. A formiga andaba todo o dia de aca para ala a recoller frangullas de pan e sementes e outras cousas para pasar ben a invernía. Namentres, a cigarra andaba explorando polo campo, ou atrás dalgunha femia que quixera aparearse, ou durmindo no refuxio tan ben feito que el e o seu compañeiro formiga deseñaran. Todavía tiñan na despensa comida do vran anterior, polo cal non se preocupaba demasiado. Non estaba na sua natureza andar a traballar todo o día, asi que vivía relaxado e deixabase levar.
Chegou un novo duro e frio inverno, e para os dous compañeiros foi o momento de voltar a pecharse no seu cubil. Gracias o carácter traballador da formiga tiñan viveres dabondo, e coas herbiñas que colleitara aislaron o refuxio do frio exterior.
Xa dentro, falaron. A cigarra sentiu un arreguizo de culpabilidade o ver a cantidade enorme de comida que a formiga collera, mentres pola contra el non fixera mais que pasear e vivir despreocupado. Asi que dixo:
- Amigo. Despois de tantos anos levando este tipo de vida, sinto un algo de culpa, xa que ti traballas polos dous.
A formiga respostou:
- E certo. Podería traballar menos, e ainda así teriamos comida para os dous. Ou podería traballar so para min e ti terías que busca-la vida noutro lugar. Pero eu non sabería que facer se traballase menos, e no inverno a soidade matariame. Ti tes algo moi valioso que levas compartindo conmigo todos estes anos. Ainda sen decatarte, levas pagando pola comida que eu recollo todo este tempo.
- ¿E como é iso? ¿Qué é o que teño de valioso?- preguntou a cigarra.
- A tua música- respostou a formiga. Eu non podo facer música, pero ti si. Tódolos invernos que pasamos aquí refuxiados son moito mais agradables cando tocas o teu violín. É fermoso o sonido que consegues, e fai que o tempo pase doutra maneira.
Enton, a cigarra puxose cómoda, preparou o seu violín e a música acompañounos o resto do inverno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario