domingo, 21 de diciembre de 2008

REBELDE

O cabaleiro desmontou do cabalo. Cheiraba a días lonxanos de batallas, e sangue reseca, e soidade, e noites cabalgando sen descanso, pensando. Tiña o traxe de coiro rachado, o casco amosaba fendas case mortais e óxidos de chuvias sen refuxio, e a pel chea de marcas e feridas non de todo cicatrizadas. Camiñou con paso canso cara a porta do Castelo. Foi conducido coma un héroe ante o Rei, sentado no seu trono de pelexos animais.
Cando estivo ante o Seu Señor, retirou o casco ferido e quitou a cota de malla, e solicitou falar en privado. O Rei mandou sair os seus gardas e servintes, e ordenou achegarse ó cabaleiro.
- ¿Qué solicitas de min, meu bravo soldado?
- Quero falar con vos con sinceridade, coma nos vellos tempos, cando nenos.
- Si, lembrome dos nosos xogos e aventuras na nosa infancia. Tes o meu permiso para falar libremente, coma vellos amigos que somos.
- Durante anos os nosos camiños discorreron ben distintos. Eu loitei en cen guerras, aprendín a sobrevivir, a matar de muitos modos. A compasión e a humildade non foron as miñas compañeiras. Tampouco a intelixencia. Somentes a forza e a obediencia me guiaron. Agora estou canso e retorno ó fogar. Pero mentres eu loitaba polo reino, ¿Qué fixechedes vos?
- Eu gobernei, mantiven unido o reino, impartín xustiza. Eu din as ordes que vos obedecichedes con grande nobreza e valentía.
- Si. Pero, ¿porque vos gobernades e eu son gobernado? ¿Por qué dicides: “Loitade” e os homes obedecen e loitan?
- Non e bo, nen correcto plantexar ese tipo de cuestión nen pensar nesas cousas. Pero a resposta é que o mundo é así. Cada un representa un papel inamovible determinado dende sempre por unha forza superior ós homes.
- Iso é certo. E agora nos interpretamos un drama eterno e cíclico. Eu son o soldado que se rebela contra a autoridade, e vos representades, coma rei destronado, o triunfo da rebeldía.
E dicindo isto, o cabaleiro desenvainou a sua espada, e a cabeza do rei rodou polo chan, deixando tras de sí un regueiro de sangue escura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario