sábado, 21 de marzo de 2009

FÚBOL

O caso e que o final, en contra de todo pronostico, sucedeu o incrible. A xente foise dando conta do enorme negocio corrupto e comecocos masivo en que se convertira realmente o futbol de primeira division. Deixara de ser un deporte para ser outra cousa. Publicidade e derroche e falsedade de valores. Os partidos foron perdendo interese en si mesmos. Os espectadores deixaban de sentir potentes emocions ante un penalti de ultimo minuto, e aburrianse mirando un fato de millonarios en calzons correndo de aca para ala. Asi que o que sucedeu, xa que o rito de acudir o estadio resistiase a desaparecer coma acto social, foi que a autentica emocion chegou co inesperado.
O principio foron uns cantos rapaces que organizaron un happening coma espontaneos. Sobre unha vintena de mozos e mozas sairon espidos correndo sobre o cespede, molestando os xogadores, roubandolle os banderins os liniers. O publico aplaudia e berraba encantado coa ruptura da monotonia balompedica. A policia tratou de cazar a rapazada, pero o publico tirouse sobre eles e tiveron que deixar pasar o asunto.
No seguinte partido, o numero de forzas da orde duplicarase. O numero de espontaneos en coiros, triplicouse. Cando a policia tratou de facer que o xogo continuase, a algarabia humana saiu das gradas e baixou o campo e armouse a de dios e cristo.
Seguiron aumentando as medidas de seguridade, xa que nas semans que transcurriron, os que acudian os partidos, xa non ian mirar futbol, senon que buscaban novas emocions e espectaculos. En cada novo partido no que cobrasen entrada, liabase unha boa. A xente ia soa, ou en grupo, pero preparados para ser espectadores e participantes. Case todos ian disfrazados, polas risas e por que non os identificasen. A tecnica era simple. A xente compraba por internet as entradas anticipadas. Aparecian o dia do partido na entrada, flanqueada por ducias de policias armados, amosando a entrada legalmente adquirida, e na espalda, unha mochila chea de complementos necesarios para o espectaculo que se achegaba. A policia trataba de impedir que se entrase con mochilas, pero eran tantos os que traian mochilas, e lles berraban que eran inconstitucionais aqueles cacheos, e alegaban que so levaban roupa por se facia frio, ou comida para a merenda, ou cousas persoais, pero non ilegais, ect. Co cal, a policia tiña que achantar, e tampouco darian abasto revisando miles de mochilas e macutos e maletas, nos que normalmente so atoparian traxes de faralaes, e monos azuis e caretas de gorila e panos de todalas cores, e confeti, serpentinas, mascaras venecianas, espumillon, ect.
En pouco tempo, a expresion "ir a un partido de futbol", pasou a significar, "imos a montar unha festa multitudinaria e popular no campo de xogo". As primeiras semanas, os xogadores, arbitros e demais, aparecian no campo, dispostos a xogar. Miraban cara un escenario cheo de persoas serias, caladas, disfrazadas de toda clase de cousas e personaxes. Respirabase un ambiente tenso. ¿Xogaremos hoxe?, pensaban os dos equipos. E en canto un xogador lle arreaba a primeira patada a pelota, o publico en unisono berraba e saltaba o campo en masa. Nun intre, todo aquel campo sempre verde, tornabase nunha romeria carnavalesca. Abrianse as botellas de todo tipo de bebida e brindabase pola humanidade toda. A xente drogabase sen molestar a ninguen. Festa pacifica continua. E se alguen queria bronca, mesmo habia un cuadrilatero improvisado nos vestiarios, os que podian ir a gastar adrenalina e testosterona e rabia acumulada os que quixeran, pero sempre de dous en dous. E dous non pelexan se un non quere. Foronse plantando tendas de campaña e cabañas de pallabarro colectivas para quen quixese pasar unha tempada no campo. Habia musicos e actores, pintores e cineastas, escritores e fotografos participando e recollendo todo aquel fenomeno festivo. Gaiteiros, poetas, guitarristas, titiriteiros, saxos, percusionistas, clowns e toda clase de festeiros improvisaban espectaculos diversos en pequenos rincons dos campos de ex-futbol, agora xa abertos todolos dias, de forma gratuita, adicados a recoller festas e espectaculos variados todolos dias e a todas horas, en cada lugar do mundo onde houbese un campo de futbol de primeira clase. Os nenos e os maiores e os mozos tiñan agora lugares de diversion, e os artistas lugares onde amosar o seu mundo os demais, onde todo era colectivo mentres se estivese dentro do recinto, e a unica lei ali dentro era "Ante a liberdade individual respetuosa coas liberdades alleas , nada sera imposto" E a utopia cabia nun campo de futbol.

E deste xeito, o futbol voltou a ser un deporte que se practicaba entre amigos por pura diversion en campiños entrañables de terceira division.