domingo, 21 de diciembre de 2008

SEN MAIS PREAMBULOS

Benvidos esta noite, meu amable publico. Quixera comezar esta conferencia titulada “O arte da concrecion e a sintese no discurso”, aproveitando para pasar directamente a tratar o tema que nos ocupa, sen entrar en longos prologos que non dan rematado, alonxandonos da tematica que esta noite nos fixo reunirnos aquí. Evitarei pois calqueira tipo de retorica vacua que nos afastaria do tema de debate, ceñindome enton o discurso que traio preparado, tratando de non entrar en circunloquios de pura retorica baleira. Non quixera comezar a extenderme en inacabables presentacions previas, polo cal pasarei directamente a exponer a miña diatriba, sen caer no tan manido acto de engalanar con fermosas verbas unha presentación do acto que nos ocupa esta noite, perdendo un tempo precioso que debo empregar en amosarlles os coñecementos que pretendo transmitirlles. Deixarei de lado toda palabra de mais, non me enredarei en temas anexos, nin en situar o tema clave, que de seguido pasarei a tratar, no seu contexto socio-cultural, pois seria superfluo, xa que o tema comprendese por si mesmo, sen necesidade de que eu agora recapitule unha morea de datos e os presente a modo de introito, non e tempo,digo, de reseñas, pois a conferencia debe ser centrada nesta tan importante tematica, que nos tempos que nos ocupan, cheos de pura palabrería carente de sentido e profundidade significativa, nestes tempos onde a distracción mental colectiva impide centrarse e profundar nun tema concreto, eu esta noite, aquí, quero acabar con este xeito de pensar, de falar, de comunicarse, con esta molesta costume, sempre saindonos do tema, nunca indo directos o que nos atañe. Non vou pois, enmarañarme en lerias previas, nen gastar segundos de mais en extenderme en tan banal debate alleo o centro de discusión que esta noite nos fixo reunirnos aquí, esta noite que nos ofrece tan grande espectáculo natural, baixo este ceo estrelado e a lua lumeante de pura luz branca, semellando esta estampa unha pintura de Van Gogh, e os insectos a pasear aéreos e nocturnos, con pequenos zumbidos que distraen a miña atención e…

No hay comentarios:

Publicar un comentario