sábado, 20 de diciembre de 2008

ANTIBIOGRAFIA 3º PARTE

As pistas sobre a vida de Ruiberto Difusez perdense tras a sua desaparicion ou abandono do instituto. Pasaran anos de escuridade en torno a sua figura ate que un dato incerto nos leva a un taller de coches no extraradio da rexion de R. Ali, Atxgulf L.P. xefe da seccion de carburadores falanos:

"Claro que si. ¿Como esquecelo? ou mais ben, ¿Como lembra-lo? Traballou aqui uns anos. Si, aqui mesmo. Neste taller. Comigo e un par de mozos mais. Un tipo tranquilo, calado, demasiado cecais...O caso e que... Bueno, o mais que podo lembrar del son duas cousas. Os seus pantalons asomando baixo do coche que naquel momento estivese reparando, e sempre que saia... que curioso...so o lembro saindo, de espaldas, sempre co seu traxe limpio. Como e a memoria eh? ¿Creerame se lle digo que en todolos anos que traballou aqui, agora que non esta, non dou lembrado a sua cara...?"

Seguimos logo a ultima pista fiable, que nos leva a cidade que aparece na fotografia do periodico, onde supostamente quedou atrapado na instantanea o noso esquivo persoaxe.
Amosamoslle a instantanea a Ljubnad X.V. que inmediatamente recoñece a escea:

" Estas son as festas de fai tres anos. Coma veciña desta pequena cidade e limpiadora do templo durante tanto tempo, teño na mente todalas festas de todolos anos. Son unha alegria. Xuntamonos todolos veciños e desfilamos na cabalgata. Sei que esta foto e de fai tres anos porque aparecen os estandartes que deseñamos para aquela ocasion."

A sua leda actitude cambia e tornase nerviosismo cando lle sinalo o home solitario no fondo da fotografia e lle pregunto se o recoñece.

"Non. Non miro ningun home onde vostede me sinala. A fotografia esta borrosa nesa parte. Sexa quen sexa non debe ser un bo home. Camiña na direccion contraria a cabalgata. ¿Quen faria algo asi?"

Dias despois de ter buscado testemuñas entre os veciños, moitos se mostran recelosos cando se lles pregunta polo home fora do grupo, o noso suposto Sr. Difusez. Neganse a falar ou respostan con evasivas. Unha muller maior, falanos a tarde anterior a nosa partida da cidade, sentenciando unha sorte de enigmatica ameaza:

"Non e bo preguntar por xente que non se coñece."

O dia seguinte collemos o coche, coas esperanzas perdidas de recabar mais datos sobre un persoaxe tan fuxidio coma o noso Ruiberto, dispostos a dar por finalizada a nosa investigacion.

Mentres nos alonxamos do lugar pasamos xunta o cementerio. Algo chama a nosa atencion e paramos o coche. Entramos no camposanto. No medio de todalas tumbas unha reluce por si mesma. Branca e sen escrituras, excepto unha fecha que remite a tres anos atras. Propietario: descoñecido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario