jueves, 8 de enero de 2009

NON LEMBRO ESPERTAR

- Pois si doutor, asi e o meu caso. Nesta ultima semana pasoume todolos días. Dende o luns. Xa non sabia que facer. Acudin a vostede coma ultima esperanza, por que estou por me voltar tolo. Non podo explicarme porque me pasa isto.

- Ben, asi que polo que me conta, dende hai cinco días non lembra espertarse. Curioso. ¿Poderia relatarme en maior profundidade o seu caso especial?

- Si, moi ben. Vou tratar de facer memoria, o cal non me vai ser difícil, porque levo estes días barallando co asunto, dandolle voltas. A cousa comezou o luns. A sensación viu a miña mente coma un flash. De supeto dinme conta de que estaba esperto. Nese momento dispoñiame a sair da casa cara o traballo. Tiña as chaves nas mans. Asustado, mirei cara atrás. Os restos do almorzo estaban na mesa, e a louza no fregadeiro. Sentin o sabor do café con leite na boca. Era algo intenso e extraño. Sentiame coma se acabase de espertar, pero era imposible, xa que debía levar un rato bo a pe. Fixen memoria. Lembraba meterme onte a noite na cama sentindo coma o sono me invadía, pero non conseguía traer a memoria o momento de espertar pola mañan. Puxenme moi nervioso pola sensación, pero atribuin todo a cansancio. Debía estar tan durmido esa mañan que cando me erguin da cama e preparei o almorzo ainda estaba tan adormilado que o fixen todo en soños. Ou iso quixen pensar eu naquel momento, para restarlle importancia e non poñerme paranoico. Ese dia fixen vida normal. Fun a cama pola noite e debo recoñecer que tiven algo de medo pola que puidese pasar a mañan seguinte. O final quedei durmido, pero cando volvin a consciencia, o susto volveu ainda mais forte, xa que estaba, non na cama coma seria normal, senon no ascensor do edificio onde vivo. Case dou un berro cando “espertei" ali. Esta vez si que me asustei de verdade. ¿Cómo era posible que non lembrase ter espertado e almorzado e vestido e saido da casa? ¿Tan rutinaria era a miña vida que facia todolos actos cotias coma un robot programado ainda sen necesidade de ser consciente ou gardar memoria de facelo?

- ¿E que fixo ese dia? ¿Continuou coa sua vida normal?

- O certo e que non. Estaba tan alterado pola experiencia que retornei o meu apartamento e chamei o traballo escusandome por non poder ir. Tomei algún tranquilizante para relaxarme. O caso e que quedei durmido, e aquí ben o alucinante. ¿Sabe vostede onde espertei? ¡Na porta do edificio onde traballo! Outra vez me pasara tomar concencia moito mais tarde de ter espertado o meu corpo. Estabamos a mercores. Cada vez as miñas lagoas matutinas na memoria eran mais longas. Comenteille o asunto o xefe cando me viu tan alterado. Mandoume a casa a descansar e pediume cita co psiquiatra da empresa. Con vostede vaia. Voltei usar os somníferos ese dia. O xoves “espertei” diante do ordenador do meu despacho. Tremendo fun de novo a falar co xefe. Non entendía o meu caso, pero conseguiu adiantar a cita con vostede. E aquí estou. Tiveron que traerme dende a oficina por que voltei “espertar” ali esta mañan.

- Curiosisimo caso o seu. Unha especie de amnesia moi peculiar. Non lembra vostede nada dos primeiros momentos da mañan e cada dia ese momento en que recupera a sua consciencia producese mais tarde…Non sei a que e debido nin as consecuencias que poderia ter a longo prazo se a evolución da sua peculiar amnesia se prolonga, pero estou moi interesado no seu caso e propoñolle un experimento. Polo que me conta parece que ten unha vida tan rutinaria que pode facer as cousas basicas de todolos dia en base a automatismos sen necesidade de memoria. Gustariame facer unha proba. Quede esta noite aquí, a durmir no diván, nun lugar distinto o habitual, e eu comprometome a vixialo toda a noite, e mañan veremos onde “esperta”…

No hay comentarios:

Publicar un comentario