miércoles, 21 de enero de 2009

DUAS CIDADES

O tan natural comportamento contradictorio dos organismos que poboan a rexion Wan da galaxia 7.39 z, amosaneos en todo o seu esplendor no Paramo Sur, onde duas cidades que non poderian ser mais dispares entre elas comparten territorio. Ambas separadas por duas murallas.

Dun lado temos a cidade de Bràvia, tras dunha muralla caotica e perigosa feita a base de amorear aramio de espiño electrificado, ferros punzantes e afiados e cristais rotos cravados na parte superior dun muro de cemento que delimita o entorno da urbe, onde os seus inquedos residentes, os brávios, conviven en medio de freneticas francachelas e un constante aluvion de acontecementos disparatados impulsados polas ideas mais tolas. A sua fisionomia e dabondo peculiar. Todos con aspecto androxino, moi delgados, movense con presteza e axilidade, e poucas veces e posible atopalos nun estado similar o repouso, dando a sensacion de que cando se moven deixan estelas da sua imaxe no aire, do veloz que se axitan, coas vestimentas desfarrapadas e marcas de feridas conseguidas en mil pelexas, consideradas actos nobres e valentes. Estes combates publicos atraen a poboacion e distraen os meniños. Calqueira excusa e boa para comezar unha liorta, e producense todolos dias, en medio de risas e farras e concursos de borracheiras. Non se lles coñece mais lei ca o do mais forte e a de salvese quen poida. Asi que cada cidadan as apaña coma pode. As construccions dos bràvios son feitas con calquer material que atopan a esparcense coma poden nun terreo intramuros que xa case non da de si, o cal fai que cada vez se instalen mais preto e mais apretuxados contra a muralla.

Do outro lado da muralla esta o xardin dos tranquilianos, habitantes da sosegada cidade de Tranquília. O lixo que botan os bràvios o outro lado do seu muro so por molestar os seus veciños, enche os vinte primeiros metros de territorio axardinado. A verdadeira muralla da cidade esta tras pasar ese xardin e atravesar unha densa fraga, tra-la cal se atopa a barreira de forza mental que os tranquilianos proxectan telepaticamente gracias os seus exercicios de relaxacion e concentracion, creando un campo alfa de hastio concentrado que repeleria a calquer brávio que ousase achegarse por ali. Protexidos asi, conviven en harmonia entre eles, compartindo lentos momentos de folganza e tranquilas conversas de tres frases que duran horas. O seu aspecto e de todo tipo, pero predominan as formas vaporosas. As veces un pode estar no fogar dalgun tranquiliano e non decatarse da presencia do anfitrion ate pasadas unhas horas. Idolatran o Silencio en templos-cubiculo de aillamento, onde cada dia se encerran varias horas a meditar, e as suas leis son tan complexas e abarcan cada aspecto da sua vida cotia, que non existe o crime, non so pola sua natureza contraria a calqueira accion que implique consecuencias fisicas, senon tamen porque as leis estan en perpetua renovacion e ampliacion, e non hai modo de atopar un sistema legal xusto e neutral, tal como teñen por utopia os residentes de Tranquília. As suas construccions son xeometricas e ordeadas, feitas en materiais nobres, cada unha coa sua parcela privada, e coidan de respetar o que e de cada cal. Un aviso para os visitantes e turistas que se acheguen por esta cidade: os bostezos son considerados sinais de educacion e intelixencia.

Por ultimo, contar unha lenda que se transmite de avos a netas e de avoas a netos, e que fala dun tempo mitico, no que un brávio decidiu emprender aventuras fora da sua cidade tratando de atopar algo que no seu entorno non conseguia: a calma. Pola contra, na mesma noite sen lua, unha moza tranquiliana deixaba a sua cidade na busca de algo que ali nunca atoparia: a emocion.
Contan que se toparon na fraga tra-lo xardin de Tranquília, e namoraronse o instante. Pero o seu amor estaba perdido. Uns din que el matouna nun ataque de bravura provocado pola parsimonia da muller. Outros din que ela o envenenou para ver si o podia ver quieto algunha vez. Linguas mais romanticas afirman que quedaron a vivir na fraga, e que mesmo chegaron a ter fillos. ¿Quen sabe? Eche un mundo ben extraño, e a ficcion sempre supera a realidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario